20 decembro 2021

Apalpador

 ¿Quen é este persoeiro?

  
Quen vai ser... O Apalpador!!!

Fai anos. Moitos anos.
Moito antes que Santa Claus ou Papá Noel, en Galicia tiñamos e temos de novo, un pastor máxico, grandichón e bondadoso.
Leva pipa, un abrigo verde cheo de remendos, boina e zapatillas con calcetíns de diferente cor.
Vive na devesa das altas montañas do Courel e o Cebreiro. Ao longo do ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres e caza xabaríns.
Na noite de Nadal, baixaba ás aldeas, pobos e cidades para visitar, casa por casa, ós nenos e ás nenas que durmían.
Sen facer ruido apalpáballes as barrigas, sen facerlles cóxegas e despertalos, para saber se os raparigos e raparigas pasaban fame ou estaban ben alimentados.
Decíalles "Así, así esteas todo o ano" e marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.
As meniñas e meniños querían deitarse cedo e en tódalas casas de Galicia pola noitiña, escoitabase o run run:

Voume cedo a durmir,
marcho agora prá camiña
que vai vir o Apalpador
a palparme a barriguiña.


Según me contaron, de fontes fiables, agora o Apalpador ademáis de castañas tamén atende pedidos (xoguetes artesans, contos, obxectos de refugallo..) da crialla e seica con bastante dilixencia.
Así que este ano decidín que o 24 pola noitiña, voulle deixar ao Apalpador enriba da mesa, un bol de leite quentiña con mel e unhas rosquillas por si necesita coller forzas para repartir tódolos encargos ó longo da noite.
Boh! Está ben!

Engadido...

Nas Terras de Trives o Apalpador chamábase o Pandigueiro.

Os nenos e nenas tiñan que durmir pedíndolle cun retrouxiño, que lles trouxera "leitiña con purgazos", esto é leite con castañas secas cocidas.
Ademais esperábase do Pandigueiro que deixara tamén figuriñas, xoguetiños, talladas na madeira cocida do amieiro.
Consérvase a tradición de dicirlle os nenos "vou cheirarche a barriga,
pándega ou o bandullo e vou saber o que comiches"

CARTA Ó PANDIGUEIRO

Pandigueiro na noitiña
pandigueiro venme axiña
que compre ben quentiña
uns purgazos na leitiña

Da cabeza grande baixa pandigueiro
ven cás lambetadas para os mais pequenos

Cá coroza ó lombo e as chancas nos pés
corre pandigueiro trainos de comer

Sae da túa cova, achégate a min
e cunha manciña tocarasme ti.

Unha apalpadiña cando esté a durmir
e o meu bandulliño comeza a sorrir

Pasarei a noite soñando contigo
pola mañanciña busco o regaliño

Enriba da mesa ben colocadiño
castañas cocidas en leite fervido

Pandigueiro na noitiña
Pandigueiro venme axiña
Que compre ben quentiña
Uns purgazos na leitiña

12 novembro 2021

Os cogomelos

Estamos na estación dos cogomelos e aproveitamos para saber máis cousas sobre eles. Deixamos un video que explica moi ben os cogomelos en Galicia... 

                     

03 outubro 2021

As follas das plantas

Xa que estamos no outono, hoxe, podemos observar diferentes follas, diferentes cores, diferentes texturas.
Para coñecer e saber algunhas cousiñas máis, picade sobre a imaxe

19 setembro 2021

Hoxe falamos coma piratas!

O 19 de setembro celébrase o día de falar coma piratas.

Para iso podemos realizar diferentes actividades que poden resultar ben divertidas:

* Falar coma un pirata todo o día e convidar aos demais a que o fagan.

* Facer mapas para procurar tesouros.

* Vestirse coma un pirata.

* Organizar unha festa de piratas.

* Ver algunha película de piratas.

* Xogar un pouquiño algún videoxogo de piratas. 

E tamén escoitamos unha canción

15 setembro 2021

O punto

Que é o punto?

O punto é un signo de tamaño moi pequeno, de forma circular, que resulta visible polo contraste de cor ou relieve sobre unha superficie.

Tamén é un signo de puntuación.

Hoxe lembramos un clásico infantil que vai de dous puntos moi especiais...

O mellor dun conto e lelo pero tamén podemos escoitalo

09 setembro 2021

02 setembro 2021

Que mellor que ler!

Sempre atopamos un momento para ler e disfrutar.

Se picades nas imaxes poderedes saber un pouco máis de que vai cada conto

24 agosto 2021

Que é unha cabicha

 A cabicha é o extremo dun cigarro que queda sen fumar.

Algo tan pequeno fai moito dano á saúde e ao planeta. 

                                                   Vemos o video 


19 agosto 2021

A fotografía

No ano 1938 o pintor Luis Daguerre logra o daguerrotipo que é un procedemento fotográfico para acadar unha imaxe nunha superficie de plata pulida.

O 19 de agosto o goberno francés recoñeceu o invento como un agasallo "de balde para todo o mundo"
Neste día realízanse diferentes iniciativas para celebrar a data como 
* exposicións, 
* maratóns de fotografía, 
* concursos... 
En definitiva, unha celebración da arte de fotografiar tanto por parte de aficionados como profesionais.
A fotografía serve para inmortalizar momentos, para gardar lembranzas, contar historias en imaxes, sen palabras, mostras un xeito persoal de ver o mundo ou só polo pracer de facelas.

13 agosto 2021

A man zurda

                                                                                   

13 de agosto, Día Mundial das zurdas/os.

Foi celebrado por primeira vez o 13 de agosto de 1976 e ainda de ser conmemorado anualmente neste día desde entón, só foi declarado oficialmente polo club británico Left-Handers Day Club na década dos 90.
O obxectivo era protestar contra a discriminación sufrida no mundo e divulgar as ventaxas e desventaxas de ser zurdo.

12 agosto 2021

Tan grande coma un elefante


O programa das Nacións Unidas celebra a maxestuosidade do animal terrestre máis grande do planeta: o elefante.
Este día, é coñecido mundialmente como World Elephant Day, que procura a preservación dos elefantes de todo o mundo.
Cada quince minutos morre un elefante en África, envenenado o cazado polo seu marfil e pola súa carne.
En China o marfil costa máis ca o ouro.
Se non se toman medidas, prevese que, desgraciadamente, o elefante estea extinto no ano 2025.
A ONU insiste na necesidade de acabar co furtivismo que atende demandas de marfil ilegal procedente das crecentes economías de Asía.
Cada ano, entre 20.000 e 25.000 elefantes africanos son abatidos polos seus colmillos, dunha poboación de 650.000 exemplares.
En canto aos elefantes asiáticos, existen menos de 40.000 exemplares.

Neste día podemos:

- Unirnos a un evento para a protección dos elefantes na súa web oficial desta data.
- Asistir ao premiado documental "Return to the Forest".
- Vestir con roupa con deseños de elefantes.
- Deseñar un elefante e colocar o deseño online (20 mil deseños equivalen a 150 mil dólares na axuda aos elefantes.
- Facer donativos a entidades de protección dos elefantes.
- Divulgar a data nas redes sociais e promover a protección dos animais.

12 de agosto, Día Mundial do Elefante.

11 agosto 2021

Xogar coa area

Tódolos días poden ser para xogar na area, se se quere, pero hai unha data no ano en especial para iso, hoxe.
A data surxiu nos EE.UU. de América como "Play in the Sand Day" e á que se apuntaron sen dubidar outros países.
Neste día realizanse concursos de construccións de area nas praias do mundo entre outras actividades.
É típico deste día atopar construccións nas praias como castelos de area e/ou bustos de persoas famosas.

Se se quere colaborar coa celebración deste día, podemos
  • Levar a cativada para a praia con pás e baldes de xogar.
  • Construir un castelo de area na praia e colocar á filla/o máis pequeno a gobernar o castelo.
  • Escribir o nome ou/e mensaxes mensaxes na area.
  • Dar unha andaina polo areal.
  • Correr na area.
  • Xogar ao fútbol de praia, voleibol, coas palas.
  • Facer un buraco na area e meter o corpo nel, deixando apenas a cabeza fora.
  • Facer unha cama de area para maior acomodo.
  • Colocar area no xardín para xogar.
É interesante saber que
  • A area está constituída de pedras e conchas que foron degastadas pola natureza pouco a pouco.
  • A area é case puramente cuarzo.
  • As pedras, os seixos e as areas nas praias están alí colocadas polas ondas.(Fonte https://www.calendarr.com/)

 11 de Agosto, día de xogar na area.


08 agosto 2021

Cousas de gatos

Se queres saber algunhas cousas e curiosidades sobre os gatos só tes que picar na imaxe


8 de agosto, Día Internacional do Gato

(Información www.adelaleiro.com)

21 xullo 2021

Os cans

Picando na imaxe poderás obter información sobre os cans e tamén sobre razas autóctonas galegas de cans.

21 de xullo, Día Mundial do Can.

(Información www.adelaleiro.com)

07 xullo 2021

O chocolate

Dise que o chocolate foi traido a España por Cristóbal Colón e que foi aquí onde se comezou a botarlle sucre ao cacao co que se puxo de moda en Francia extendéndose por outros paises.
Tamén se celebra o Día Internacional do Chocolate o día 13 de setembro.
Non hai días suficientes para festexar o chocolate :)

Algúns beneficios do chocolate comprobados científicamente son:

        * Aumento da concentración para os estudos ou no traballo
       * Reducción no risco de ter unha doenza cardíaca
       * Alívio do estrés
       * Protección da pel contra os raios solares

Actividades que podemos facer neste día:

       * Facer unha tarta e/ou pasteis de chocolate.
       * Debuxar con chocolate
       * Decorar un ovo de chocolate
       * Facer figuriñas
       * Tomar un chocolate con churros

(Día Mundial do Chocolate)

05 xullo 2021


Xa que estamos en vacacións podemos aproveitar para ler novos libros como éste de kalandraka. Pica na imaxe para saber de que vai.

29 xuño 2021

A lama

 

Hoxe é o día internacional da lama.

Chama a atención esta celebración pero non debería sorprendernos tanto.

O obxectivo desta festa é unir máis a tódolos nenos e nenas coa terra a través de xogos na lama.
É un día para festexar a natureza, de xogar con pés e máns, sós ou acompañados, maiores ou/e pequenos...



Qué podemos facer neste día?

1. Encher o xardín de lama e saltar

2. Dispoñer unha piscina inchable con lama para que a rapazada poida xogar
3. Facer moitas fotos
4. Contar  histórias deste día
5. Facer esculturas
6. Facer máscaras

23 xuño 2021

O cacho e as herbas máxicas

O “Cacho” é un recipiente de boca ancha, xeralmente unha tina, unha almofía ou unha tarteira de barro, onde se poñen ao orballo da noite de San Xoán as herbas máxicas.

Por extensión fálase de “facelo cacho” a todas as tradicións que van ligadas a ese evento como a procura da auga en certas fontes e a busca das distintas herbas, unhas na horta propia ou da veciñanza, outras no monte ou nas veigas.

Herbas do cacho

Hai multitude. En casa casa faise dunha maneira. Herba Luísa, romeu, carrasquiña (tromentelo), poenxo (poleo menta), macela, malvarrosa, chuchameles (madreselva), folla de figueira, árnica (falsa árnica), folla de laranxeira, hortelá (amenta de auga), ruda, folla de nogueira, folla de cana, chopo branco, fiúncho, pétalos de rosas, folla de vide de viño branco, nébeda, flor de codeso, mentraste, folla de limoeiro, sabugueiro…

Como se fai?

- Ter un cacharro onde se porán as plantas ao sereno.

- Enchelo con auga a poder ser dunha fonte, hai quen o fai de sete fontes. Se non hai fonte cerca, entón da traída que seguro terá auga de máis de sete fontes.

- Na tarde do 23 procurar algunhas das herbas da lista que vos comentamos e colocalas dentro do cacho, nun balcón ou terraza onde lle caia o orballo da noite de San Xoán.

- Na mañá do 24 de San Xoán, lavala cara con esa auga que nos protexerá contra tódolos males e nos deixará unha pel especial. Non se debe un secar.

(A ilustración é de Eli García)

21 xuño 2021

Música

Sempre é un bo momento para escoitar e celebrar a música. Neste caso con un pouco de humor.


Día Europeo da Música

18 xuño 2021

Un picnic


Un picnic é unha forma de disfrutar comendo fóra da casa, xa sexa coas nosas amizades, familiares ou coa clase do cole. Calquera lugar é ideal para disfrutar do bo tempo ao aire libre e saír do de sempre, cambiando a luz artificial por luz natural, cos sons, as vistas, o vento, a brisa, os aromas e as cores que nos ofrece a natureza.

Unha das vantaxes do picnic é a súa gran variedade xa que se pode facer onde queiras: no campo, na praia, na piscina, no río, no parque, nas montañas ...

E no momento que se queira: para o almorzo, o xantar, merenda ou cea.
E como queiras, dende o máis sinxelo ata o máis sofisticado.
Unha vez decidido onde e a que hora do día facer o picnic, só teremos que decidir que comida levar.

Qué temos que ter en conta?

Dependendo de onde imos, debemos ter en conta unha serie de puntos que facilitan a tarefa: - Se estamos nun parque debemos situarnos preto dunha fonte de auga potable onde refrescarnos, se estamos no campo ou nas montañas, intentamos facelo preto dun río, para poder refrescarnos de cando en vez. - Atopa unha boa sombra para comer, baixo unha árbore, baixo un paraugas de sol ... - Levar roupa e calzado cómodo. - A bebida é un punto moi importante a ter en conta xa que a calor do verán faranos perder moito líquido que teremos que substituír se non queremos deshidratarnos. A comida ideal para facer un picnic debe ser sinxela e fácil de transportar. Qué alimentos son boa opción para un picnic de verán? Unha boa tortilla de patacas é a comida estrela, xa que sempre sabe máis rica cando se come ao aire libre. Tampouco deben faltar filetes de tenreira, embutidos como chourizo, salami, solomillo, serrano ou xamón de York. Bocadillos variados ao noso gusto, xamón e queixo, ensalada, verduras... ou empanadas de carne, atún, polbo, marisco... o que máis vos guste, son fáciles de transportar e comer. Croquetas, empanadas e ensalada rusa e/ou diferentes queixos. Tampouco debería faltar bos panes para acompañar a comida. Un par de ensaladas cos ingredientes que máis nos gustan, leituga, tomate, atún, cebola, pemento vermello e verde, queixo, aguacate, ovo duro, pataca cocida, aceitunas, encurtidos, tomates cherry ... Algunhas patacas fritas tipo tipo merenda, nachos, pipas... e algúns doces. A froita é a mellor opción para a sobremesa, elixe a que máis che guste e lavaa ben. Beber iogures tamén son unha boa opción de sobremesa, xa que podemos mantelos frescos con xeo e presentan sabores moi variados e ricos. O xeo é moi importante en calquera picnic, tenta traelo para que todo estea moi ben no momento de comer, podes mercalo en calquera gasolineira que estea preto do lugar onde vas facer o picnic, sempre mellor que faltar. Bebida moi fresca e abundante, auga, zumes, refrescos e se o desexas tamén podes escoller cervexa, sangría, preferiblemente viño branco ou rosado máis fresco ... e non esquezas o refresco.

Actividades

A máis importante e interesante é organizar o picnic comezando por elixir a data, o lugar (confeccionar un mapa do lugar sinalando sitios onde facer actividades, xogos), facer a lista do que levaredes, distribuir tarefas, compartir....

O 18 de xuño celébrase o Día Internacional do picnic.

15 xuño 2021

O vento

Na mitoloxía grega, Eolo era o deus dos ventos; tíñaos encerrados nun zurrón e sacábaos cando lle parecía oportuno; os catro máis importantes correspondíanse coas catro direccións principais da rosa dos ventos: "Boreas" o vento do Norte; "Austro" o "Noto", que viña do Sur; "Céfiro" que soplaba de poñente e "Afeliote" ou vento do Leste.

Igual ca presión, o vento é un importante elemento controlador do tempo e a climatoloxía.

O VENTO non é máis que o movemento do aire respecto da superficie terrestre que se atopa en rotación uniforme ó redor do eixo da Terra; actua coma axente transportador do aire, vapor de auga ademáis de efectua-los intercambios de calor; este aire en movemento é xerado coma consecuencia das variacións da presión atmosférica de xeito que o vento superficial sopla formando un ángulo coas isobaras, saíndo dos anticiclóns e entrando nas borrascas.

O día Mundial do vento celébrase o 15 de xuño.

Actividades a facer neste día (e noutros)

  • Lanzamento de papaventos ao vento
  • Pezas de teatro realizadas ao aire libre
  • Práctica de deportes relacionados co vento
  • Exhibición de documentais sobre enerxías renovables
  • Exposicións sobre novas tecnoloxías eólicas
  • Realización de obradoiros sobre o recurso enerxético do vento
                                                                
Enerxía eólica
  • É unha fonte de enerxía limpa e renovable.
  • Cerca de 80 países do mundo invisten en enerxía eólica.
  • O estado do Texas é líder en xerar  eletricidade eólica.
  • A China presenta o maior programa de enerxia eólica do mundo.
Rematamos con unha canción

30 abril 2021

O Jazz

Hoxe celébrase o Día Internacional do Jazz.

A data foi creada pola UNESCO e anunciada polo pianista e embaixador de boa vontade da UNESCO, Herbie Hancock.

Foi no 2012 cando se celebrou por primeira vez o Día Internacional do Jazz. A celebración pretende lembrar a importancia deste xénero musical e a súa contribución á promoción de diferentes culturas e pobos ao longo da historia. O jazz está asociado á loita pola liberdade e a abolición da escravitude.

Para promover o Día Internacional do Jazz teñen lugar varios concertos de jazz, promovidos por escolas, grupos e músicos, co obxectivo de introducir á poboación neste xénero musical. O jazz é un estilo musical que apela á creatividade e á improvisación.

Orixe do Jazz

O jazz orixinouse nos Estados Unidos de América, a través da comunidade afroamericana no século XIX, tendo popularidade nas primeiras décadas do século XX. Nova Orleans é recoñecida como a cidade onde naceu o jazz. Crese que a palabra jazz provén do argot americano.

Miles Davis, Chet Baker, Billie Holiday, Ella Fitzgerald, Nina Simone, John Coltrane, Louis Armstrong, Edward Ellington e Dizzy Gillespie son algúns dos grandes nomes do jazz.


22 abril 2021

Día Mundial da Terra II

Lil Dicky é un rapero americano que conseguiu convencer a moitos cantantes famosos para participar nunha canción adicada á Terra e recaudar fondos para protexer o planeta a través da Fundación Leonardo di Caprio.
A páxina web está AQUÍ
Xa que estamos no día mundial, aproveitamos a ocasión para disfrutar deste increible video coa canción "Earth"

Día Mundial da Terra

A Terra é a nosa casa.  Aquí vivimos. Coidémola e respectémola.

Sistema solar
A Terra

                       
Europa
España

Rias Baixas

Pontevedra




                 

15 abril 2021

Día Mundial da Arte

Hoxe está a celebrarse o Día Mundial da Arte
É unha homenaxe a Leonardo da Vinci porque foi un 15 de abril cando él naceu.
Era pintor, escultor, deseñador, arquitecto, poeta, biólogo, inventor, matemático, músico..
A arte educa, transforma e fai tomar conciencia. 
É parte do noso patrimonio, da nosa identidade, dos nosos sentimentos, como cultura e como seres humanos. 

Nós tamén podemos celebrar o día xogando a intentar atopar a letra en cada cadro picando na imaxe



13 abril 2021

Día Internacional do Bico

Hoxe celébrase o Día Internacional do Bico.
A pesar de que nestes dias non podemos bicarnos, os bicos sempre teñen que ser unha mostra de agarimo que nos faga sentir ben.
Hai moitas clases de bicos: de dar as grazas, de boas noites, de hasta logo, de ledicia, de inuit, de bolboreta, de quérote moito, de despedida...

Marc Chagall era un pintor que lle regalou un ramo de flores a súa moza polo seu aniversario e sentianse tan ben que decidiu pintar un cadro dese dia.
O título do cadro é "O aniversario" pero é máis coñecido por "O bico" de Marc Chagall.


Se alguén quere colorear o cadro, pode picar na imaxe e descargalo


E lembrade sempre: 
                                           

08 abril 2021

Xogamos á escoba

Sempre é divertido xogar ás cartas.!
Se picas na imaxe poderas ler en que consiste o xogo da escoba e como se xoga.
Sorte!


06 abril 2021

Calendario Competencial

 Outro ano máis, a Deputacion de Pontevedra publica uns calendarios competenciais tanto para infantil como primaria que poden axudar tanto a pais como docentes.

         


         

02 abril 2021

Día Internacional do Libro Infantil

Como todos os anos dende 1967, o IBBY (International Board on Books for  Young People) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil o 2 de abril, conmemorando o nacemento de Hans Christian Andersen

Este ano correspóndelle á sección de Estados Unidos que difunde a mensaxe da escritora Margarita Engle (co título de "A musica das palabras"), ilustrado por Roger Mello.
É unha poeta cubanoamericana que obtivo numerosos premios polas suas obras infantis.