15 marzo 2009

Sanxenxo, raíces de mar

O mércores pasaron polo centro os editores da guía didáctica "Sanxenxo, raíces de mar".
Mediante unha presentación explicaron aos nenos unha idea xeral do contido do libro.
A exposición foi moi interesante e algúns exemplares xa forman parte da nosa biblioteca.

09 febreiro 2009

Mesturando

O próximo día 20 pola mañá faremos no centro a festa do Entroido.
O entroido é unha celebración cunha grande tradición en Galiza que non só lembramos polos disfraces senon tamén pola gastronomía característica desta época ou pola música e que non ten nada que envexar ós de Venecia ou Brasil.
Como está a celebrarse o Ano Internacional da Astronomía, acordamos entre todos facer o noso particular universo.
Así, haberá estrelas, luas, planetas, cometas

                  

Ós de sexto tocóunos ir de astronautas.
Andamos metidos en faena facendo os cascos coa técnica de forrar globos grandes con periódicos e logo pintalos e facerlle un burato para poder ver e tamén buscando toda clase de tubos e complementos para que quede como é debido.












Non pensedes que é un traballo fácil porque no primeiro intento xa explotaron algúns globos e hai que comezar de novo.
Eso sí, seremos uns astronautas do máis enxebre. Do país.
Unha vez pasada a festa deixaremos fotos para que se poida ver o noso traballo.

Despois de consultar tódalas las ligazóns, lembramos:

De onde ven a palabra "entroido"?
Que é un peliqueiro?
Lembras a receita dalgunha comida típica do entroido?
Que quere decir "astronomía?
Por que o ano 2009 é declarado ano internacional da astronomía?
Que é un telescopio?

19 xaneiro 2009

Negra Sombra

Navegando pola rede, atopei este debuxo de Rosalía que me gustou xa que estou acostumada a vela en branco e negro (excepto na versión Andy Warhol das camisetas do rei zentolo).
A mín gústame unha Rosalía de cores porque coido que así sería no século XXI. E gústame Negra Sombra.
E cantada.
E por Luz Casal.

Pero encántame a versión do grupo A Caricia da Serpe coa voz de Lino Braxe.
Unha Negra Sombra tamén de cores a ritmo de reggae.
Deixo o video para que escoitedes a versión citada.



Despois de consultar tódalas ligazóns, lembramos:


1. Cal é o nome completo da escritora da letra?
2. Cando e onde naceu?
3. Como era o nome do compositor da música.
4. Cando e onde se estreou a peza?
5. Cando se celebra o "Día das Letras Galegas" e por qué?