08 marzo 2011

Aquelas mulleres


Hai datas que non debemos esquecer nunca.
A de hoxe é unha delas.
Día Internacional da Muller Traballadora.
Hoxe, hai 103 anos que 129 mulleres morrían no incendio dunha fábrica textil de Nova York, encerradas para reclamar a igualdade de dereitos laborais cos homes.
Reclamar a igualdade hai que facelo todos os días do ano pero lembrar aquelas mulleres, si merecen un día de celebración no calendario.
Grazas!

04 marzo 2011

Francisco Asorey





E xa que estamos a lembrar aniversarios, non nos esquecemos do de Francisco Asorey, escultor galego, nado en Cambados o 4 de marzo do ano 1889.
Podemos gozar das súas obras ao longo de toda Galicia.

Vivaldi


Tal día coma hoxe, 4 de marzo do ano 1678, nacía en Venecia un neno que máis tarde sería sacerdote e compositor.
Ese home era Antonio Vivaldi.
Deixóunos grandes obras musicais entre as que escollemos unha mostra "A primavera" que forma parte do concerto "Catro Estacións" aproveitando a época na que estamos.

                        

01 marzo 2011

Onde está Ravachol?


Preme na imaxe para procurar o loro







Este ano o cartel do entroido de Pontevedra do debuxante Kiko da Silva é un auténtico homenaxe á historia da banda deseñada e un exemplo de interactividade e didáctica.
Emulando aos coñecidos contos "Donde está Wally" hai que atopar ao loro Ravachol que é o personaxe máis famoso do entroido da cidade e que ten a súa historia.
Se pasades por Pontevedra non esquezades de pedir un programa do entroido porque ademáis das actividades da festa, ten un feixe de xogos para os cativos e cativas.