10 xullo 2023
A pizza
11 marzo 2022
Calendario Competencial
De novo este ano, a Deputacion de Pontevedra publica uns calendarios competenciais tanto para infantil como primaria con actividades sans e entretidas para cada día.
(Para descargalos, picade nas imaxes)
Educación Infantil
02 febreiro 2022
A Candeloria, día dos namorados en Galicia
Hai un refrán que dí "Pola Candeloria, cásanse os paxariños e maila galiñola".Nas antigas costumes galegas, ese día, era o día do amor.
O día 2 de febreiro celébrase o día Candeloria que ten orixe nos cultos pagáns e que acabou sendo cristianizado. Era a antiga festa da luz celebrada polos celtas (Brigantia) e tamén polos romanos (Lupercales).
O nome Brigantia deriva de Brighid o Brigid, deusa celta moi poderosa. Era a figura da nova lúa, da primavera anual e das correntes mariñas. Esta época do ano, era das purificacións e do lume sagrado que liberaba a terra, propiciando a fertilidade e o espertar do sol, despois do frío e gris inverno.
Os ritos de predicción e matrimonio celebrábanse nestas datas baixo a protección dos espíritos benéficos que visitaban a terra durante esta festividade.
Considerábase o remate do inverno, o festival de purificación para preparar o camiño para o retorno da primavera e do sol. Brighid era honrada, poñendo unha candea en cada habitación ou en cada fiestra da casa.
Co paso do tempo e a mestura da cultura celta co cristianismo, esta festa do lume será homologada na celebración da Candeloria ou festa das Candeas.
O nome da Candeloria está orixinado pola procesión realizada dentro da igrexa con candeas benditas. Esta purificación virxinal e as candeas eran o antídoto cristián para a fertilidade romana e os fachos “lupercales”.
En Galicia non só era moi celebrada esta festa dentro do relixioso, senón que, no ámbito agrario, se celebraba o “casamento dos paxariños” . Di un refrán que “a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”.
04 xaneiro 2022
O sistema Braille
A data de 4 de xaneiro lembra o nacemento de Louis Braille, o creador do sistema de lectura e de escritura Braille, que permite a través do tacto facilitar a vida das persoas invidentes e a súa integración na sociedade.
19 setembro 2021
Hoxe falamos coma piratas!
O 19 de setembro celébrase o día de falar coma piratas.
Para iso podemos realizar diferentes actividades que poden resultar ben divertidas:
* Falar coma un pirata todo o día e convidar aos demais a que o fagan.
* Facer mapas para procurar tesouros.
* Vestirse coma un pirata.
* Organizar unha festa de piratas.
* Ver algunha película de piratas.
* Xogar un pouquiño algún videoxogo de piratas.
E tamén escoitamos unha canción
15 setembro 2021
O punto
Que é o punto?
O punto é un signo de tamaño moi pequeno, de forma circular, que resulta visible polo contraste de cor ou relieve sobre unha superficie.
Tamén é un signo de puntuación.
Hoxe lembramos un clásico infantil que vai de dous puntos moi especiais...
O mellor dun conto e lelo pero tamén podemos escoitalo
13 agosto 2021
A man zurda
13 de agosto, Día Mundial das zurdas/os.
Foi celebrado por primeira vez o 13 de agosto de 1976 e ainda de ser conmemorado anualmente neste día desde entón, só foi declarado oficialmente polo club británico Left-Handers Day Club na década dos 90.
O obxectivo era protestar contra a discriminación sufrida no mundo e divulgar as ventaxas e desventaxas de ser zurdo.
12 agosto 2021
Tan grande coma un elefante
21 xuño 2021
Música
18 xuño 2021
Un picnic

04 maio 2021
Os Bombeiros
4 de maio, Día Internacional do Bombeiro e Bombeira
19 abril 2021
Crebacabezas
13 abril 2021
Día Internacional do Bico
A pesar de que nestes dias non podemos bicarnos, os bicos sempre teñen que ser unha mostra de agarimo que nos faga sentir ben.
Hai moitas clases de bicos: de dar as grazas, de boas noites, de hasta logo, de ledicia, de inuit, de bolboreta, de quérote moito, de despedida...
Marc Chagall era un pintor que lle regalou un ramo de flores a súa moza polo seu aniversario e sentianse tan ben que decidiu pintar un cadro dese dia.
O título do cadro é "O aniversario" pero é máis coñecido por "O bico" de Marc Chagall.
08 abril 2021
Xogamos á escoba
06 abril 2021
Calendario Competencial
Outro ano máis, a Deputacion de Pontevedra publica uns calendarios competenciais tanto para infantil como primaria que poden axudar tanto a pais como docentes.
21 marzo 2021
Día Mundial do Monicreque
O Día Mundial do Monicreque ou/e Títere celébrase tal día coma hoxe cada ano.
O seu principal obxectivo é dar a coñecer a figura emblemática do monicreque como parte do desenrolo cultural dos pobos
O monicreque máis famoso do mundo é a personaxe de Pinocho.
Nós, afortunadamente, cada ano temos moi preto o Festival Internacional de Títeres de Redondela que se celebra habitualmente no mes de maio ainda que o ano pasado, co gallo da pandemia, pasouse ao mes de setembro. Este ano non se sabe como e cando se organizará.
08 marzo 2021
Dia Internacional da Muller
Deixamos ligazón por se queredes información sobre o Día Internacional da Muller que se celebra hoxe.
Actividades que podemos facer neste dia, ou noutros, ou/e tódolos días..
- Apadriñar unha nena a través dalgunha organización/asociación
- Colaborar con algunha asociación local que atenda mulleres con necesidades, veciñas..
- Ler e/ou contar historias de mulleres da nosa familia ou mulleres galegas (100 mulleres galegas)
- Axudar na casa facendo tarefas
- Ler algúns contos en referencia a igualdade. Deixamos ligazón á guia AQUI
- Chamar por teléfono a unha ou varias amigas para saber delas, se están ben.. falar
20 novembro 2020
Día Nacional do Pixama
13 novembro 2020
Día mundial da bondade
O obxectivo era crear un mundo máis bondadoso e cheo de solidaridade.
Ideas sinxelas para poñer na práctica este día ( e tódolos demáis)
- Dar unha aperta a un descoñecido.
- Ofrecer unha flor a un coñecido.
- Axudar a alguén.
- Doar roupa, libros e/ou comida.
- Compartir o mando a distancia.
- Decir algo agradable a un veciño.
- Dar as grazas cando corresponde.
- Enviar um SMS amable aos amigos.
- Compartir unha larpeirada no traballo.
02 outubro 2020
As buxainas, trompos, peóns, bailaretes...
A buxaina é un dos xoguetes máis antigos da humanidade. Algúns dín que dende a prehistoria e que surxiu coma imitación do mecanismo para facer lume.A buxaina máis antiga que consta é de 4000 anos a.c., seica é de arxila. Os grandes impulsores foron os chineses e xaponeses.
A partires de aí e ao longo da historia, van aparecendo diferentes modelos de buxainas, trompos, peóns, bailaretes..

O trompo consiste nun corpo de forma cónica, cun saínte na base chamado espiga e terminado no pico cunha peza metálica chamada púa, puga, puia, pico ou rexón, a cal se apoia no chan cando xira.
Enrólase unha pequena corda chamada piola arredor del e logo lánzase con forza ao chan onde xira ou baila certo tempo ata que cae.
Así podemos topar distintas formas do xoguete nas variadas áreas de cultura.
Por exemplo en literatura xa son nombradas por Virxilio, Marco Aurelio, Platón.. pasando por Cervantes, Quevedo, Alarcón, Flaubert, Tolstoi, Dostoievski, Cortázar, Lewis Carroll, Verne, Kafka.. e así indefinidamente.

Na pintura en cadros coma "Xogos de nenos" de Pieter Bruehel O vello, "Rapaces xogando á buxaina" de José del Castillo, "O neno do bailarete" de Jean-Baptiste Chardín, "Buxaina" de Isabel Somoza, "A muller buxaina" de Miró..
Na música temos cancións infantis coma
"O peón" do albúm de Monolo rico Unha pulga e un pulgón (1982)
"A buxaina brincadeira" do albúm Cantareliña de Saraibas (1983)
"O vals do trompo" do grupo Cri-Cri
No cine, o trompo, aparece en esceas de películas famosas coma "Titanic", "Xoana a tola", "Estación Central do Brasil" ou "Orixe" entre outras..




E en outras manifestacións culturais coma selos, zooloxía, publicidade e ata hai un museo en Burlington (EE.UU.)
Refráns..
Polo Pilar, buxainas a bailar.
Polo san Martiño, buxainas ao camiño.
Pola Santa Eulalia, peóns á borralla.
Polo San Amaro, buxainas no faiado.
Adiviñas..
Bailo sempre moi dereito
e cando empezo a cansar
tremo e quedo quieto no chan
ata que alguén me ven levantar.
Non teño pés nin mans
bailar é o meu destino
na palma son levado
e entreteño aos cativos.
Do ceo vino baixar
dando un brinco moi lixeiro
e sabe escribir e bailar.
Para bailar póñome a capa
para bailar vólvoa sacar
xa non podo bailar coa capa
e sen a capa non podo bailar.












