30 abril 2021

O Jazz

Hoxe celébrase o Día Internacional do Jazz.

A data foi creada pola UNESCO e anunciada polo pianista e embaixador de boa vontade da UNESCO, Herbie Hancock.

Foi no 2012 cando se celebrou por primeira vez o Día Internacional do Jazz. A celebración pretende lembrar a importancia deste xénero musical e a súa contribución á promoción de diferentes culturas e pobos ao longo da historia. O jazz está asociado á loita pola liberdade e a abolición da escravitude.

Para promover o Día Internacional do Jazz teñen lugar varios concertos de jazz, promovidos por escolas, grupos e músicos, co obxectivo de introducir á poboación neste xénero musical. O jazz é un estilo musical que apela á creatividade e á improvisación.

Orixe do Jazz

O jazz orixinouse nos Estados Unidos de América, a través da comunidade afroamericana no século XIX, tendo popularidade nas primeiras décadas do século XX. Nova Orleans é recoñecida como a cidade onde naceu o jazz. Crese que a palabra jazz provén do argot americano.

Miles Davis, Chet Baker, Billie Holiday, Ella Fitzgerald, Nina Simone, John Coltrane, Louis Armstrong, Edward Ellington e Dizzy Gillespie son algúns dos grandes nomes do jazz.


Ningún comentario:

Publicar un comentario