29 xuño 2021

A lama

 

Hoxe é o día internacional da lama.

Chama a atención esta celebración pero non debería sorprendernos tanto.

O obxectivo desta festa é unir máis a tódolos nenos e nenas coa terra a través de xogos na lama.
É un día para festexar a natureza, de xogar con pés e máns, sós ou acompañados, maiores ou/e pequenos...



Qué podemos facer neste día?

1. Encher o xardín de lama e saltar

2. Dispoñer unha piscina inchable con lama para que a rapazada poida xogar
3. Facer moitas fotos
4. Contar  histórias deste día
5. Facer esculturas
6. Facer máscaras

23 xuño 2021

O cacho e as herbas máxicas

O “Cacho” é un recipiente de boca ancha, xeralmente unha tina, unha almofía ou unha tarteira de barro, onde se poñen ao orballo da noite de San Xoán as herbas máxicas.

Por extensión fálase de “facelo cacho” a todas as tradicións que van ligadas a ese evento como a procura da auga en certas fontes e a busca das distintas herbas, unhas na horta propia ou da veciñanza, outras no monte ou nas veigas.

Herbas do cacho

Hai multitude. En casa casa faise dunha maneira. Herba Luísa, romeu, carrasquiña (tromentelo), poenxo (poleo menta), macela, malvarrosa, chuchameles (madreselva), folla de figueira, árnica (falsa árnica), folla de laranxeira, hortelá (amenta de auga), ruda, folla de nogueira, folla de cana, chopo branco, fiúncho, pétalos de rosas, folla de vide de viño branco, nébeda, flor de codeso, mentraste, folla de limoeiro, sabugueiro…

Como se fai?

- Ter un cacharro onde se porán as plantas ao sereno.

- Enchelo con auga a poder ser dunha fonte, hai quen o fai de sete fontes. Se non hai fonte cerca, entón da traída que seguro terá auga de máis de sete fontes.

- Na tarde do 23 procurar algunhas das herbas da lista que vos comentamos e colocalas dentro do cacho, nun balcón ou terraza onde lle caia o orballo da noite de San Xoán.

- Na mañá do 24 de San Xoán, lavala cara con esa auga que nos protexerá contra tódolos males e nos deixará unha pel especial. Non se debe un secar.

(A ilustración é de Eli García)

21 xuño 2021

Música

Sempre é un bo momento para escoitar e celebrar a música. Neste caso con un pouco de humor.


Día Europeo da Música

18 xuño 2021

Un picnic


Un picnic é unha forma de disfrutar comendo fóra da casa, xa sexa coas nosas amizades, familiares ou coa clase do cole. Calquera lugar é ideal para disfrutar do bo tempo ao aire libre e saír do de sempre, cambiando a luz artificial por luz natural, cos sons, as vistas, o vento, a brisa, os aromas e as cores que nos ofrece a natureza.

Unha das vantaxes do picnic é a súa gran variedade xa que se pode facer onde queiras: no campo, na praia, na piscina, no río, no parque, nas montañas ...

E no momento que se queira: para o almorzo, o xantar, merenda ou cea.
E como queiras, dende o máis sinxelo ata o máis sofisticado.
Unha vez decidido onde e a que hora do día facer o picnic, só teremos que decidir que comida levar.

Qué temos que ter en conta?

Dependendo de onde imos, debemos ter en conta unha serie de puntos que facilitan a tarefa: - Se estamos nun parque debemos situarnos preto dunha fonte de auga potable onde refrescarnos, se estamos no campo ou nas montañas, intentamos facelo preto dun río, para poder refrescarnos de cando en vez. - Atopa unha boa sombra para comer, baixo unha árbore, baixo un paraugas de sol ... - Levar roupa e calzado cómodo. - A bebida é un punto moi importante a ter en conta xa que a calor do verán faranos perder moito líquido que teremos que substituír se non queremos deshidratarnos. A comida ideal para facer un picnic debe ser sinxela e fácil de transportar. Qué alimentos son boa opción para un picnic de verán? Unha boa tortilla de patacas é a comida estrela, xa que sempre sabe máis rica cando se come ao aire libre. Tampouco deben faltar filetes de tenreira, embutidos como chourizo, salami, solomillo, serrano ou xamón de York. Bocadillos variados ao noso gusto, xamón e queixo, ensalada, verduras... ou empanadas de carne, atún, polbo, marisco... o que máis vos guste, son fáciles de transportar e comer. Croquetas, empanadas e ensalada rusa e/ou diferentes queixos. Tampouco debería faltar bos panes para acompañar a comida. Un par de ensaladas cos ingredientes que máis nos gustan, leituga, tomate, atún, cebola, pemento vermello e verde, queixo, aguacate, ovo duro, pataca cocida, aceitunas, encurtidos, tomates cherry ... Algunhas patacas fritas tipo tipo merenda, nachos, pipas... e algúns doces. A froita é a mellor opción para a sobremesa, elixe a que máis che guste e lavaa ben. Beber iogures tamén son unha boa opción de sobremesa, xa que podemos mantelos frescos con xeo e presentan sabores moi variados e ricos. O xeo é moi importante en calquera picnic, tenta traelo para que todo estea moi ben no momento de comer, podes mercalo en calquera gasolineira que estea preto do lugar onde vas facer o picnic, sempre mellor que faltar. Bebida moi fresca e abundante, auga, zumes, refrescos e se o desexas tamén podes escoller cervexa, sangría, preferiblemente viño branco ou rosado máis fresco ... e non esquezas o refresco.

Actividades

A máis importante e interesante é organizar o picnic comezando por elixir a data, o lugar (confeccionar un mapa do lugar sinalando sitios onde facer actividades, xogos), facer a lista do que levaredes, distribuir tarefas, compartir....

O 18 de xuño celébrase o Día Internacional do picnic.

15 xuño 2021

O vento

Na mitoloxía grega, Eolo era o deus dos ventos; tíñaos encerrados nun zurrón e sacábaos cando lle parecía oportuno; os catro máis importantes correspondíanse coas catro direccións principais da rosa dos ventos: "Boreas" o vento do Norte; "Austro" o "Noto", que viña do Sur; "Céfiro" que soplaba de poñente e "Afeliote" ou vento do Leste.

Igual ca presión, o vento é un importante elemento controlador do tempo e a climatoloxía.

O VENTO non é máis que o movemento do aire respecto da superficie terrestre que se atopa en rotación uniforme ó redor do eixo da Terra; actua coma axente transportador do aire, vapor de auga ademáis de efectua-los intercambios de calor; este aire en movemento é xerado coma consecuencia das variacións da presión atmosférica de xeito que o vento superficial sopla formando un ángulo coas isobaras, saíndo dos anticiclóns e entrando nas borrascas.

O día Mundial do vento celébrase o 15 de xuño.

Actividades a facer neste día (e noutros)

  • Lanzamento de papaventos ao vento
  • Pezas de teatro realizadas ao aire libre
  • Práctica de deportes relacionados co vento
  • Exhibición de documentais sobre enerxías renovables
  • Exposicións sobre novas tecnoloxías eólicas
  • Realización de obradoiros sobre o recurso enerxético do vento
                                                                
Enerxía eólica
  • É unha fonte de enerxía limpa e renovable.
  • Cerca de 80 países do mundo invisten en enerxía eólica.
  • O estado do Texas é líder en xerar  eletricidade eólica.
  • A China presenta o maior programa de enerxia eólica do mundo.
Rematamos con unha canción