Tódolos días poden ser para xogar na area, se se quere, pero hai unha data no ano en especial para iso, hoxe.
A data surxiu nos EE.UU. de América como "Play in the Sand Day" e á que se apuntaron sen dubidar outros países.
Neste día realizanse concursos de construccións de area nas praias do mundo entre outras actividades.
É típico deste día atopar construccións nas praias como castelos de area e/ou bustos de persoas famosas.
Se se quere colaborar coa celebración deste día, podemos
- Levar a cativada para a praia con pás e baldes de xogar.
- Construir un castelo de area na praia e colocar á filla/o máis pequeno a gobernar o castelo.
- Escribir o nome ou/e mensaxes mensaxes na area.
- Dar unha andaina polo areal.
- Correr na area.
- Xogar ao fútbol de praia, voleibol, coas palas.
- Facer un buraco na area e meter o corpo nel, deixando apenas a cabeza fora.
- Facer unha cama de area para maior acomodo.
- Colocar area no xardín para xogar.
É interesante saber que
- A area está constituída de pedras e conchas que foron degastadas pola natureza pouco a pouco.
- A area é case puramente cuarzo.
- As pedras, os seixos e as areas nas praias están alí colocadas polas ondas.(Fonte https://www.calendarr.com/)
11 de Agosto, día de xogar na area.
Ningún comentario:
Publicar un comentario