23 outubro 2020
20 outubro 2020
17 outubro 2020
Samaín III
As cabazas
Careta de cabaza con prato de cartón pintado de laranxa. A da dereita é coa técnica de origami.
Careta de cabaza con prato de cartón pintado de laranxa. A da dereita é coa técnica de origami.
15 outubro 2020
Samaín II
Hoxe tócalle aos pantasmas..
Os da esquerda son moldes de papel para facer manteigadas e os da dereita fanse con tubos de cartón forrados con papel de cociña. Faise unha boliña de papel con un pau para meter por dentro do tubo e despois forrase con un pano de papel.
O da esquerda é unha boliña de papel forrado con un pano de papel. Os pantasmas da dereita con bolas de papel ou globos con papel gasa por riba.
Este está feito con un prato de cartón ou plástico e tiras de papel. Á dereita diferentes modelos de caras que se poden facer.
Os da esquerda son moldes de papel para facer manteigadas e os da dereita fanse con tubos de cartón forrados con papel de cociña. Faise unha boliña de papel con un pau para meter por dentro do tubo e despois forrase con un pano de papel.
O da esquerda é unha boliña de papel forrado con un pano de papel. Os pantasmas da dereita con bolas de papel ou globos con papel gasa por riba.
Etiquetas:
#diasacelebrar,
#festas,
#galicia,
#infantil,
#pantasmas,
#primaria,
#Samaín
13 outubro 2020
Samaín I
Polo camiño vai chegando o samaín con tod@s os seus personaxes..
Nós recibirémolo pouco a poco e deixaremos por aquí algúns recursos sinxelos para facer cos nenos e nenas para decorar e que fomos recopilando pola rede.
Hoxe tócalle ás arañas:
A da esquerda está feita con un globo pintado primeiro con cola blanca e despois con témpera negra. As patas son de cartolina. A da dereita está feita con plastilina.
A araña da esquerda ten as patas de regaliz e o corpo é un lacasito. A da dereita está feita con un retallo de pel con pelo e patas de escobillóns.
Araña feita con un pompón de tiras de papel pinocho
A da esquerda está feita con un globo pintado primeiro con cola blanca e despois con témpera negra. As patas son de cartolina. A da dereita está feita con plastilina.
A araña da esquerda ten as patas de regaliz e o corpo é un lacasito. A da dereita está feita con un retallo de pel con pelo e patas de escobillóns.
02 outubro 2020
As buxainas, trompos, peóns, bailaretes...
A buxaina é un dos xoguetes máis antigos da humanidade. Algúns dín que dende a prehistoria e que surxiu coma imitación do mecanismo para facer lume.
A buxaina máis antiga que consta é de 4000 anos a.c., seica é de arxila. Os grandes impulsores foron os chineses e xaponeses.
A partires de aí e ao longo da historia, van aparecendo diferentes modelos de buxainas, trompos, peóns, bailaretes..
O trompo consiste nun corpo de forma cónica, cun saínte na base chamado espiga e terminado no pico cunha peza metálica chamada púa, puga, puia, pico ou rexón, a cal se apoia no chan cando xira.
Enrólase unha pequena corda chamada piola arredor del e logo lánzase con forza ao chan onde xira ou baila certo tempo ata que cae.
Así podemos topar distintas formas do xoguete nas variadas áreas de cultura.
Por exemplo en literatura xa son nombradas por Virxilio, Marco Aurelio, Platón.. pasando por Cervantes, Quevedo, Alarcón, Flaubert, Tolstoi, Dostoievski, Cortázar, Lewis Carroll, Verne, Kafka.. e así indefinidamente.
Na pintura en cadros coma "Xogos de nenos" de Pieter Bruehel O vello, "Rapaces xogando á buxaina" de José del Castillo, "O neno do bailarete" de Jean-Baptiste Chardín, "Buxaina" de Isabel Somoza, "A muller buxaina" de Miró..
Na música temos cancións infantis coma
"O peón" do albúm de Monolo rico Unha pulga e un pulgón (1982)
"A buxaina brincadeira" do albúm Cantareliña de Saraibas (1983)
"O vals do trompo" do grupo Cri-Cri
No cine, o trompo, aparece en esceas de películas famosas coma "Titanic", "Xoana a tola", "Estación Central do Brasil" ou "Orixe" entre outras..
E en outras manifestacións culturais coma selos, zooloxía, publicidade e ata hai un museo en Burlington (EE.UU.)
Refráns..
Polo Pilar, buxainas a bailar.
Polo san Martiño, buxainas ao camiño.
Pola Santa Eulalia, peóns á borralla.
Polo San Amaro, buxainas no faiado.
Adiviñas..
Bailo sempre moi dereito
e cando empezo a cansar
tremo e quedo quieto no chan
ata que alguén me ven levantar.
Non teño pés nin mans
bailar é o meu destino
na palma son levado
e entreteño aos cativos.
Do ceo vino baixar
dando un brinco moi lixeiro
e sabe escribir e bailar.
Para bailar póñome a capa
para bailar vólvoa sacar
xa non podo bailar coa capa
e sen a capa non podo bailar.
Etiquetas:
#Curiosidades,
#galicia,
#outono,
#parasaber,
#primaria
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)