22 decembro 2008

Apalpador

¿Quen é este persoeiro?


















Quen vai ser... O Apalpador!!!

Fai anos. Moitos anos.
Moito antes que Santa Claus ou Papá Noel, en Galicia tiñamos e temos de novo, un pastor máxico, grandichón e bondadoso.
Leva pipa, un abrigo verde cheo de remendos, boina e zapatillas con calcetíns de diferente cor.
Vive na devesa das altas montañas do Courel e o Cebreiro. Ó longo do ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres e caza xabaríns.
Na noite de Nadal, baixaba ás aldeas, pobos e cidades para visitar, casa por casa, ós nenos e ás nenas que durmían.
Sen facer ruido apalpáballes as barrigas, sen facerlles cóxegas e despertalos, para saber se os raparigos e raparigas pasaban fame ou estaban ben alimentados.
Decíalles "Así, así esteas todo o ano" e marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.
As meniñas e meniños querían deitarse cedo e en tódalas casas de Galicia pola noitiña, escoitabase o run run:

Voume cedo a durmir,
marcho agora prá camiña
que vai vir o Apalpador
a palparme a barriguiña.


Según me contaron, de fontes fiables, agora o Apalpador ademáis de castañas tamén atende pedidos (xoguetes artesans, contos, obxectos de refugallo..) da crialla e seica con bastante dilixencia.
Así que este ano decidín que o 24 pola noitiña, voulle deixar ó Apalpador enriba da mesa, un bol de leite quentiña con mel e unhas rosquillas por si necesita coller forzas para repartir tódolos encargos ó longo da noite.
Boh! Está ben!
Tamén lle deixo unha notiña pedíndolle por favor (eso sí) unha axenda para o novo ano e anotar tódolos traballos que imos facer o alumnado de 6º e máis eu. ;)



Engadido...

Nas Terras de Trives o Apalpador chamábase o Pandigueiro.

Os nenos tiñan que durmir pedíndolle cun retrouxiño, que lles trouxera "leitiña con purgazos", esto é leite con castañas secas cocidas.
Ademais esperábase do Pandigueiro que deixara tamén figuriñas, xoguetiños, talladas na madeira cocida do amieiro.
Consérvase a tradición de dicirlle os nenos "vou cheirarche a barriga,
pándega ou o bandullo e vou saber o que comiches"

CARTA Ó PANDIGUEIRO

Pandigueiro na noitiña
pandigueiro venme axiña
que compre ben quentiña
uns purgazos na leitiña

Da cabeza grande baixa pandigueiro
ven cás lambetadas para os mais pequenos

Cá coroza ó lombo e as chancas nos pés
corre pandigueiro trainos de comer

Sae da túa cova, achégate a min
e cunha manciña tocarasme ti.

Unha apalpadiña cando esté a durmir
e o meu bandulliño comeza a sorrir

Pasarei a noite soñando contigo
pola mañanciña busco o regaliño

Enriba da mesa ben colocadiño
castañas cocidas en leite fervido

Pandigueiro na noitiña
Pandigueiro venme axiña
Que compre ben quentiña
Uns purgazos na leitiña

01 decembro 2008

O mellor

                        

Este video xa foi visto cerca de corenta millons de veces. Seica é o mellor documental, non profesional, de vida salvaxe. É unha secuencia espectacular con escenario, guión e os mellores protagonistas.
Grazas a un grupo de turistas podemos disfrutalo.
Pincha e verás :)

30 novembro 2008

Arco da vella

Desde a ventá da aula poidemos facer esta foto que, aínda que non se ve moi ben, deunos para falar un rato sobre o fenómeno metereolóxico, o arco da vella.

Topei este refrán: "O arco da vella á travesía, tres semanas de invernía" pero sabemos que hai moitos mais.
Temos toda a semana para recoller diferentes refrans sobre o arco da vella ;)

24 novembro 2008

Las raíces del mar



Ya hemos leido la mitad del libro así que toca empezar a comentar.
Os dejo una imagen sobre el libro para que reflexioneis y comentemos después en el aula.
Tenemos que hacer el dibujo que indica en la hoja. Se agradece creatividad. Lo comentaremos el lunes próximo, día 1.

(Pinchad en la foto para hacerla más grande e imprimirla).

23 novembro 2008

As fotos do Samaín




Se pinchades na imaxe poderedes ver as fotos do Samaín e os xogos que fixemos despois para celebralo.
(Pode tardar un pouquiño en cargar todas as fotos.)

02 novembro 2008

Celebrando o outono









O venres pasado celebramos no centro o Samaín.
Unha das festas do outono e á que lle seguirá o xoves que ven a do Magosto.
Ós de terceiro ciclo tocóunos facer o mural da matanza e intentamos reflexar un pouco o que era esta tradición antes e o papel estelar de agora do porco nos contos, no cinema ademáis do que sabemos polo coñecemento do medio.
Para que a cousa fose unha chisca interactiva, puxemos uns porquiños en cartolina para que tódolos rapaces do colexio os poidesen recortar.

24 outubro 2008

Un xoguete, unha ilusión

Como decidimos participar no "V Concurso de Contos Solidarios", creando un conto entre todos, andamos a romper os miolos para facer algo axeitado co tema.
Xa fixemos unha posta en común así coas primeiras ideas de cada un. A semana que ven comezaremos a encaixar as pezas. Por ganas e vontade que non sexa porque ese é o noso modo de colaborar coa campaña "Un xoguete, unha ilusión".

                                             

23 outubro 2008

Visita



Hoxe tivemos a visita no colexio da escritora Alba Nélida Paz Framil.
Alba enterouse de que escolléramos o seu libro "Contos e lendas da Lanzada" para traballar neste trimestre e quixo regalarnos algúns exemplares para a biblioteca, tanto en castelán como en galego e firmados por ela.

22 outubro 2008

Salón do libro




O X Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra acaba de colgar na súa web unha relación da bibliografía referente as historias de amor e que será ó tema do ano 2009 no mes de febreiro.

12 outubro 2008

Benvida

Benvidos a este blog que terá como protagonistas ao diferente alumnado que terei ao longo da miña tarefa educativa, celebracións e curiosidades diversas.