Amosando publicacións coa etiqueta libros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta libros. Amosar todas as publicacións

01 novembro 2011

O manual das bruxas

A cousa vai de meigas..

Este ano, grazas a un alumno, poidemos disfrutar de novo deste conto, indicado para infantil e primaria e editado no ano 1985 por edicións Xerais e que esperamos se revise e se volva a editar..
O indice xa nos orienta un pouco de que vai o conto e o talante:

- Como elixir casa e mobiliario
- A cociña da bruxa
- O xardín da bruxa
- Para decir a boa ventura e o zodiaco
- Como botar conxuros
- Contos de vellas
- Como conservarse fermosa
- Moda para bruxas elegantes
- Artes e enredos
- Sobre festas e festexos
- A bruxa moderna

O seu autor Malcolm Bird, ilustrador e escritor

É unha xoia!!!

05 novembro 2010

A mentira


É mentira é o tema do XII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que se celebrará no próximo mes de febreiro.
A mentira é un recurso moi utilizado na literatura, e máis ainda na infantil e xuvenil onde casi todos os contos clásicos e moitos actuais teñen un remate feliz grazas a superar as aventuras e desventuras orixinadas por os enganos que sofren os personaxes.

24 novembro 2008

Las raíces del mar



Ya hemos leido la mitad del libro así que toca empezar a comentar.
Os dejo una imagen sobre el libro para que reflexioneis y comentemos después en el aula.
Tenemos que hacer el dibujo que indica en la hoja. Se agradece creatividad. Lo comentaremos el lunes próximo, día 1.

(Pinchad en la foto para hacerla más grande e imprimirla).

23 outubro 2008

Visita



Hoxe tivemos a visita no colexio da escritora Alba Nélida Paz Framil.
Alba enterouse de que escolléramos o seu libro "Contos e lendas da Lanzada" para traballar neste trimestre e quixo regalarnos algúns exemplares para a biblioteca, tanto en castelán como en galego e firmados por ela.

22 outubro 2008

Salón do libro




O X Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra acaba de colgar na súa web unha relación da bibliografía referente as historias de amor e que será ó tema do ano 2009 no mes de febreiro.