03 xullo 2019

Día Internacional sen bolsas de plástico


Hoxe celébrase o día Internacional sen bolsas de plástico.
O obxectivo e chamar a atención sobre a produción e o consumo excesivo a nivel mundial e que está a convertirse nun grave problema medioambiental.
Os plásticos están feitos con resinas tóxicas procedentes do petróleo e tardan preto de 500 anos en descompoñerse.
No pasado ano reducíuse, en España, un 23% no consumo destas bolsas.
Estamos no bo camiño pero ainda falta moito para reverter a situación.
Só arredor dun 2% da poboación recicla as bolsas de plástico.