O “Cacho” é un recipiente de boca ancha, xeralmente unha tina, unha almofía ou unha tarteira de barro, onde se poñen ao orballo da noite de San Xoán as herbas máxicas.
Por extensión fálase de “facelo cacho” a todas as tradicións que van ligadas a ese evento como a procura da auga en certas fontes e a busca das distintas herbas, unhas na horta propia ou da veciñanza, outras no monte ou nas veigas.
Herbas do cacho
Hai multitude. En casa casa faise dunha maneira. Herba Luísa, romeu, carrasquiña (tromentelo), poenxo (poleo menta), macela, malvarrosa, chuchameles (madreselva), folla de figueira, árnica (falsa árnica), folla de laranxeira, hortelá (amenta de auga), ruda, folla de nogueira, folla de cana, chopo branco, fiúncho, pétalos de rosas, folla de vide de viño branco, nébeda, flor de codeso, mentraste, folla de limoeiro, sabugueiro…
Como se fai?- Ter un cacharro onde se porán as plantas ao sereno.
- Enchelo con auga a poder ser dunha fonte, hai quen o fai de sete fontes. Se non hai fonte cerca, entón da traída que seguro terá auga de máis de sete fontes.
- Na tarde do 23 procurar algunhas das herbas da lista que vos comentamos e colocalas dentro do cacho, nun balcón ou terraza onde lle caia o orballo da noite de San Xoán.
- Na mañá do 24 de San Xoán, lavala cara con esa auga que nos protexerá contra tódolos males e nos deixará unha pel especial. Non se debe un secar.
(A ilustración é de Eli García)
Ningún comentario:
Publicar un comentario