27 agosto 2017

ESCORNABOT

O curso pasado, grazas a colaboración do pai duns alumnos, Manuel Fraga, poidemos construir varios escornabots no colexio.

Como pensamos que o mundo científico e tecnolóxico está demasiado masculinizado, decidimos que nós queríamos unha escornabot e así naceu Pikariña, a robotiña.

20 agosto 2017

DIA MUNDIAL DO MOSQUITO


20 de agosto, Día Mundial do Mosquito.

É unha data para celebrar que hai 120 anos o doutor británico Sir Ronald Ross, descubriu que as femias de mosquitos Anopheles transmiten a malaria entre os humanos.
Un descobremento que lle valeu o premio Nobel de mediciña e que sentou as bases para que científicos de todo o mundo comprendan e poidan controlar mellor esta enfermidade, responsable da morte de máis de 700.000 persoas cada ano.

19 agosto 2017

DÍA MUNDIAL DA FOTOGRAFIA


19 de agosto, Día Mundial da Fotografía.

No ano 1938 o pintor Luis Daguerre logra o daguerrotipo que é un procedemento fotográfico para acadar unha imaxe nunha superficie de plata pulida.
O 19 de agosto o goberno francés recoñeceu o invento como un agasallo "de balde para todo o mundo"
Neste día realízanse diferentes iniciativas para celebrar a data como exposicións, maratóns de fotografía, concursos... en definitiva, unha celebración da arte de fotografiar tanto por parte de aficionados como profesionais.
A fotografía serve para inmortalizar momentos, para gardar lembranzas, contar historias en imaxes, sen palabras, mostras un xeito persoal de ver o mundo ou só polo pracer de facelas.

13 agosto 2017

DÍA MUNDIAL DAS ZURDAS/OS
                                                                                    
13 de agosto, Día Mundial das zurdas/os.

Foi celebrado por primeira vez o 13 de agosto de 1976 e ainda de ser conmemorado anualmente neste día desde entón, só foi declarado oficialmente polo club británico Left-Handers Day Club na década dos 90.
O obxectivo era protestar contra a discriminación sufrida no mundo e divulgar as ventaxas e desventaxas de ser zurdo.

12 agosto 2017

DIA MUNDIAL DO ELEFANTE

12 de agosto, Día Mundial do Elefante.

O programa das Nacións Unidas celebra a maxestuosidade do animal terrestre máis grande do planeta: o elefante.
Este día, é coñecido mundialmente como World Elephant Day, que procura a preservación dos elefantes de todo o mundo.
Cada quince minutos morre un elefante en África, envenenado o cazado polo seu marfil e pola súa carne.
En China o marfil costa máis ca o ouro.
Se non se toman medidas, prevese que, desgraciadamente, o elefante estea extinto no ano 2025.
A ONU insiste na necesidade de acabar co furtivismo que atende demandas de marfil ilegal procedente das crecentes economías de Asía.
Cada ano, entre 20.000 e 25.000 elefantes africanos son abatidos polos seus colmillos, dunha poboación de 650.000 exemplares.
En canto aos elefantes asiáticos, existen menos de 40.000 exemplares.

Neste día podemos:

- Unirnos a un evento para a protección dos elefantes na súa web oficial desta data.
- Asistir ao premiado documental "Return to the Forest".
- Vestir con roupa con deseños de elefantes.
- Deseñar un elefante e colocar o deseño online (20 mil deseños equivalen a 150 mil dólares na axuda aos elefantes.
- Facer donativos a entidades de protección dos elefantes.
- Divulgar a data nas redes sociais e promover a protección dos animais.

11 agosto 2017

DIA DE XOGAR NA AREA


11 de Agosto, día de xogar na area.

Tódolos días poden ser para xogar na area, se se quere, pero hai unha data no ano en especial para iso, hoxe.
A data surxiu nos EE.UU. de América como "Play in the Sand Day" e á que se apuntaron sen dubidar outros países.
Neste día realizanse concursos de construccións de area nas praias do mundo entre outras actividades.
É típico deste día atopar construccións nas praias como castelos de area e/ou bustos de persoas famosas.

Se se quere colaborar coa celebración deste día, podemos
  • Levar a cativada para a praia con pás e baldes de xogar.
  • Construir un castelo de area na praia e colocar á filla/o máis pequeno a gobernar o castelo.
  • Escribir o nome ou/e mensaxes mensaxes na area.
  • Dar unha andaina polo areal.
  • Correr na area.
  • Xogar ao fútbol de praia, voleibol, coas palas.
  • Facer un buraco na area e meter o corpo nel, deixando apenas a cabeza fora.
  • Facer unha cama de area para maior acomodo.
  • Colocar area no xardín para xogar.
É interesante saber que
  • A area está constituída de pedras e conchas que foron degastadas pola natureza pouco a pouco.
  • A area é case puramente cuarzo.
  • As pedras, os seixos e as areas nas praias están alí colocadas polas ondas. (Fonte https://www.calendarr.com/)

10 agosto 2017

DIA MUNDIAL DO LEÓN


10 de agosto, Día Mundial do león segundo estableceu Big Cat Rescue, entidade de protección dos grandes felinos do mundo.

Este día ten por obxectivo protexer este animal e o seu contorno.

Pénsase que existen soamente entre 30 mil e 100 mil leóns salvaxes no mundo, en Africa e Ásia.
A falta de protección humana contra os cazadores e dustrucción das selvas colocan a sobrevivencia do rei da selva en perigo.

Algunha idea para celebrar este día sería uníndose a causa do día Mundial do león no facebook, facendo algunha donación a entidades protetoras de felinos, ver de novo a película "O Rei León" ou debuxar leóns para agasallar, entre outras posibilidades.

08 agosto 2017

Día Internacional do gato



Ainda que hai xente que celebra o día do gato o 20 de febreiro ou o 29 de outubro o certo é que o día do gato foi fundado no ano 2002 polo Fondo Internacional para o Benestar Animal (IFAW)
Estimase que poden existir sobre 500 millóns de gatos no mundo, a meirande parte na Europa.
Atópanse referencias sobre gatos desde hai uns 9500 anos. Como cazador de ratos e eliminador de pestes, os gatos foron incorporados nas casas e navios, chegando a tódolos recunchos do mundo.
Xa no antigo Exipto os gatos eran venerados e, en caso de inundación, salvávanse antes os gatos e despois os homes.

07 agosto 2017

Día Mundial dos Faros

7 de Agosto, Día Mundial dos Faros.
Un faro é unha torre dotada modernamente dun foco potente, cun facho de luz visible a quilómetros de distancia, co obxecto de axudar á navegación. Faro de Cabo Home, Pontevedra. (Foto de Galipedia)