22 novembro 2017

Día de "dar unha volta"

E hoxe é o Dia de Dar unha Volta, 22 de novembro.
Pois sí. Este día existe. 
É un dia adicado simplemente a sair da casa e dar unha volta. E tanto da que sexa en auto, moto, bicicleta ou mesmo a pé, con ou sen destino específico. 
O objectivo do día é unha lembranza á mobilidade das persoas e ao sentimento de liberdade.
Con todo o estrés no traballo, con toda a tecnoloxía a escravizar o home e con tódalas responsabilidades que caen no colo de unha persoa tódolos días, o Día de Dar unha Volta (Go For a Ride Day) é unha reivindicación á liberación e ao movimento. Traballar todo o día sentado e non facer exercício físico constituen perigos para a saúde da persoa. Sair de casa é unha forma de clarear a cabeza e de renovar as enerxías.
O día 22 de novembro foi escollido para esta conmemoración por térse feito progresos relevantes para a mobilidade nesta data ao longo da historia, como a patente do motor eléctrico.

21 novembro 2017

Día Mundial do "ola"

Ola!
Hoxe, 21 de novembro celébrase o Día Mundial do "Ola" .
O "ola" é unha palabra moi sinxela que moitas veces marca a diferenza, permitindo o contacto entre persoas descoñecidas e romper o xeo ou silenzo nunha sala.
Este día surxiu en 1973 en resposta á guerra Yom Kippur (guerra árabe-israelita) pola acción de dous profesores universitários norte-americanos (Brian McCormack da Universidade de Arizona e Michael McCormack da Universidade de Harvard). Actualmente é celebrado en máis de 180 países do mundo.  
O obxectivo no Dia do Ola é decir “ola” a 10 persoas diferentes, promovendo o contacto entre as persoas e a paz. Con este dia inténtase mostrar aos líderes mundiais que os problemas resólvense pola comunicación e non polo uso da forza. Políticos, líderes relixiosos, gañadores do Nobel da Paz e celebridades son alguns dos maiores promotores deste día.
Se hai tempo que deixaches de falar con alguén, voluntaria ou involuntariamente, podes aproveitar para decirlle, de novo, olá e para retomar o contacto nesta data.

06 novembro 2017

Diá do saxofonista

Celébrase hoxe, 6 de novembro porque foi neste dia, en 1814, cando naceu o seu inventor.
O belga Adolphe Sax (1814-1894), cuxo nome real é Antoine Joseph Sax foi un célebre inventor de instrumentos en Paris e tivo a idea de crear o saxofón a partir da adaptación dunha boquilla semellante á do clarinete. O seu desexo era crear o instrumento de sopro mais poderoso de todos.
Os saxofons son instrumentos esenciais na música jazz, sinfónica e de marcha, entre outros.
Hai 4 tipos de saxofón: saxo alto, saxo barítono, saxo soprano e saxo tenor.

04 novembro 2017

Día da ciencia en galego

Hoxe é o día da Ciencia en galego.
Deixamos tres videos do ENDL do CPR Santa Juana de Lestonnac (Ferrol).

O primeiro é vocabulario de Física e Química

                           


O segundo vocabulario de Matemáticas

                           


O terceiro vocabulario de Tecnoloxía

                           

01 novembro 2017

O vigués JJ  Candan, segundo premio no Campionato de España de Vídeo Subacuático CEVISUB 2017



YO TENGO UN SUEÑO - JJCANDAN (Cevisub 2017)
from JJCANDAN PRODUCCIONES on Vimeo.