22 marzo 2021
Día Mundial da Auga
21 marzo 2021
Día Mundial do Monicreque
O Día Mundial do Monicreque ou/e Títere celébrase tal día coma hoxe cada ano.
O seu principal obxectivo é dar a coñecer a figura emblemática do monicreque como parte do desenrolo cultural dos pobos
O monicreque máis famoso do mundo é a personaxe de Pinocho.
Nós, afortunadamente, cada ano temos moi preto o Festival Internacional de Títeres de Redondela que se celebra habitualmente no mes de maio ainda que o ano pasado, co gallo da pandemia, pasouse ao mes de setembro. Este ano non se sabe como e cando se organizará.
Día da Poesía
Este día lémbranos a importancia da palabra poética e para espallala. A poesía pertence ao xénero lírico e non hai nada máis lírico que a nosa lingua.
E por iso que o celebramos con un agarimo especial. Vai no noso ADN.
Deixamos a portada dun libro de poemas de Salvador Ribadomar da editorial Nordés libros.
ACTVIDADES QUE PODEMOS FACER NESTE DIA E/OU TÓDOLOS DIAS
- Escribir un poema sobre o que sintes.
- Escribir poemas cos amigos.
- Declamar poesias.
- Reler os poetas e os poemas preferidos.
- Poñer música a poemas.
- Asistir a encontros de poetas.
- Asistir a filmes sobre poetas.
- Dicir ás persoas o que sintes por elas.
- Facer de cada xesto un poema.
Día Mundial da Árbore
Hoxe é o Día Mundial da Árbore e das Fragas.
É unha lembranza da importancia de protexer as zonas con árbores e bosques. As árbores, entre outros moitos beneficios, transforman o dioxido de carbono, responsable do efecto invernadeiro e minimizan os riscos de inundación e evitan a erosión, entre outras moitas funcións.
Para saber máis das árbores, preme AQUI
(Bosque de secuoias en Poio-Pontevedra)
Actividades que podemos facer
- Plantar unha árbore
- Limpar unha zona dun bosque
- Damos un paseo por unha fraga e facemos fotos, despois facemos un albúm coas fotos e poñemos os nomes.
20 marzo 2021
08 marzo 2021
Dia Internacional da Muller
Deixamos ligazón por se queredes información sobre o Día Internacional da Muller que se celebra hoxe.
Actividades que podemos facer neste dia, ou noutros, ou/e tódolos días..
- Apadriñar unha nena a través dalgunha organización/asociación
- Colaborar con algunha asociación local que atenda mulleres con necesidades, veciñas..
- Ler e/ou contar historias de mulleres da nosa familia ou mulleres galegas (100 mulleres galegas)
- Axudar na casa facendo tarefas
- Ler algúns contos en referencia a igualdade. Deixamos ligazón á guia AQUI
- Chamar por teléfono a unha ou varias amigas para saber delas, se están ben.. falar