Amosando publicacións coa etiqueta #Samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #Samaín. Amosar todas as publicacións

17 outubro 2020

Samaín III

As cabazas


Careta de cabaza con prato de cartón pintado de laranxa. A da dereita é coa técnica de origami.








As duas cabazas están feitas con tiras de cartolinas. Tamén sirven coma móbiles.






Á esquerda explícase como se recorta unha cabaza dunha forma moi sinxela e na dereita tres cabazas feitas con tea.










Dous manteis de mesa individuais como tema do samaín. O da dereita está feito con pegatinas do samaín e plastificadas.

15 outubro 2020

Samaín II

Hoxe tócalle aos pantasmas..





Pantasma feito con papel de periódico, escobillóns e forrado con unha venda.






Este está feito con un prato de cartón ou plástico e tiras de papel. Á dereita diferentes modelos de caras que se poden facer.






Os da esquerda son moldes de papel para facer manteigadas e os da dereita fanse con tubos de cartón forrados con papel de cociña. Faise unha boliña de papel con un pau para meter por dentro do tubo e despois forrase con un pano de papel.








O da esquerda é unha boliña de papel forrado con un pano de papel. Os pantasmas da dereita con bolas de papel ou globos con papel gasa por riba.









E por último, o da esquerda está feito con plastilina (tamén se poden facer de mazapán) e o da dereita con un guante de goma.

13 outubro 2020

Samaín I

Polo camiño vai chegando o samaín con tod@s os seus personaxes.. Nós recibirémolo pouco a poco e deixaremos por aquí algúns recursos sinxelos para facer cos nenos e nenas para decorar e que fomos recopilando pola rede. Hoxe tócalle ás arañas:



Araña feita con un pompón de tiras de papel pinocho






A da esquerda está feita con un globo pintado primeiro con cola blanca e despois con témpera negra. As patas son de cartolina. A da dereita está feita con plastilina.








A araña da esquerda ten as patas de regaliz e o corpo é un lacasito. A da dereita está feita con un retallo de pel con pelo e patas de escobillóns.







A da esquerda está feita de tea e a da dereita, o corpo é un pompón e as patas escobillóns.









As duas arañas están feitas con escobillóns e o corpo de lá.