01 setembro 2023
A vide
20 maio 2022
As abellas
17 marzo 2022
Ola! Son un bicho bóla!!
03 marzo 2022
A camelia
19 decembro 2021
A neve
Como se forma a neve?
12 novembro 2021
Os cogomelos
08 outubro 2021
A cabaza
03 outubro 2021
As follas das plantas
17 setembro 2021
De onde ven a mazá?
24 agosto 2021
Que é unha cabicha
A cabicha é o extremo dun cigarro que queda sen fumar.
Algo tan pequeno fai moito dano á saúde e ao planeta.
Vemos o video
08 agosto 2021
Cousas de gatos
21 xullo 2021
Os cans
Picando na imaxe poderás obter información sobre os cans e tamén sobre razas autóctonas galegas de cans.
21 de xullo, Día Mundial do Can.
(Información www.adelaleiro.com)
29 xuño 2021
A lama
Hoxe é o día internacional da lama.
Chama a atención esta celebración pero non debería sorprendernos tanto.
O obxectivo desta festa é unir máis a tódolos nenos e nenas coa terra a través de xogos na lama.É un día para festexar a natureza, de xogar con pés e máns, sós ou acompañados, maiores ou/e pequenos...
1. Encher o xardín de lama e saltar
2. Dispoñer unha piscina inchable con lama para que a rapazada poida xogar
3. Facer moitas fotos
4. Contar histórias deste día
5. Facer esculturas
6. Facer máscaras
23 xuño 2021
O cacho e as herbas máxicas
O “Cacho” é un recipiente de boca ancha, xeralmente unha tina, unha almofía ou unha tarteira de barro, onde se poñen ao orballo da noite de San Xoán as herbas máxicas.
Por extensión fálase de “facelo cacho” a todas as tradicións que van ligadas a ese evento como a procura da auga en certas fontes e a busca das distintas herbas, unhas na horta propia ou da veciñanza, outras no monte ou nas veigas.
Herbas do cacho
Hai multitude. En casa casa faise dunha maneira. Herba Luísa, romeu, carrasquiña (tromentelo), poenxo (poleo menta), macela, malvarrosa, chuchameles (madreselva), folla de figueira, árnica (falsa árnica), folla de laranxeira, hortelá (amenta de auga), ruda, folla de nogueira, folla de cana, chopo branco, fiúncho, pétalos de rosas, folla de vide de viño branco, nébeda, flor de codeso, mentraste, folla de limoeiro, sabugueiro…
Como se fai?- Ter un cacharro onde se porán as plantas ao sereno.
- Enchelo con auga a poder ser dunha fonte, hai quen o fai de sete fontes. Se non hai fonte cerca, entón da traída que seguro terá auga de máis de sete fontes.
- Na tarde do 23 procurar algunhas das herbas da lista que vos comentamos e colocalas dentro do cacho, nun balcón ou terraza onde lle caia o orballo da noite de San Xoán.
- Na mañá do 24 de San Xoán, lavala cara con esa auga que nos protexerá contra tódolos males e nos deixará unha pel especial. Non se debe un secar.
(A ilustración é de Eli García)
15 xuño 2021
O vento
Igual ca presión, o vento é un importante elemento controlador do tempo e a climatoloxía.
O VENTO non é máis que o movemento do aire respecto da superficie terrestre que se atopa en rotación uniforme ó redor do eixo da Terra; actua coma axente transportador do aire, vapor de auga ademáis de efectua-los intercambios de calor; este aire en movemento é xerado coma consecuencia das variacións da presión atmosférica de xeito que o vento superficial sopla formando un ángulo coas isobaras, saíndo dos anticiclóns e entrando nas borrascas.
O día Mundial do vento celébrase o 15 de xuño.
Actividades a facer neste día (e noutros)
- Lanzamento de papaventos ao vento
- Pezas de teatro realizadas ao aire libre
- Práctica de deportes relacionados co vento
- Exhibición de documentais sobre enerxías renovables
- Exposicións sobre novas tecnoloxías eólicas
- Realización de obradoiros sobre o recurso enerxético do vento
Enerxía eólica
- É unha fonte de enerxía limpa e renovable.
- Cerca de 80 países do mundo invisten en enerxía eólica.
- O estado do Texas é líder en xerar eletricidade eólica.
- A China presenta o maior programa de enerxia eólica do mundo.
08 xuño 2021
Os océanos: vida e subsistencia
22 abril 2021
Día Mundial da Terra II
A páxina web está AQUÍ
Día Mundial da Terra
![]() |
| Sistema solar |
![]() |
| A Terra |
![]() |
| Europa |
![]() |
| España |
![]() |
| Rias Baixas |
![]() |
| Pontevedra |
22 marzo 2021
Día Mundial da Auga
21 marzo 2021
Día Mundial da Árbore
Hoxe é o Día Mundial da Árbore e das Fragas.
É unha lembranza da importancia de protexer as zonas con árbores e bosques. As árbores, entre outros moitos beneficios, transforman o dioxido de carbono, responsable do efecto invernadeiro e minimizan os riscos de inundación e evitan a erosión, entre outras moitas funcións.
Para saber máis das árbores, preme AQUI
(Bosque de secuoias en Poio-Pontevedra)
Actividades que podemos facer
- Plantar unha árbore
- Limpar unha zona dun bosque
- Damos un paseo por unha fraga e facemos fotos, despois facemos un albúm coas fotos e poñemos os nomes.















