11 outubro 2019

Día Mundial do Ovo

O Dia Mundial do Ovo celébrase o segundo venres de outubro.

Os grandes obxectivos deste día, cuxa data foi introducida pola Comisión Internacional do Ovo en 1996, fai por divulgar os benefícios dos ovos para a saúde e aumentar o consumo deste tipo de alimento.
Os ovos son ricos en proteínas, vitaminas e minerais, e pobres en aporte calórico. Ademáis de ser unha fonte importante de nutrientes, o ovo é económico, sendo un alimento variado na cociña.

03 xullo 2019

Día Internacional sen bolsas de plástico


Hoxe celébrase o día Internacional sen bolsas de plástico.
O obxectivo e chamar a atención sobre a produción e o consumo excesivo a nivel mundial e que está a convertirse nun grave problema medioambiental.
Os plásticos están feitos con resinas tóxicas procedentes do petróleo e tardan preto de 500 anos en descompoñerse.
No pasado ano reducíuse, en España, un 23% no consumo destas bolsas.
Estamos no bo camiño pero ainda falta moito para reverter a situación.
Só arredor dun 2% da poboación recicla as bolsas de plástico.