Amosando publicacións coa etiqueta #Música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #Música. Amosar todas as publicacións

21 xuño 2021

Música

Sempre é un bo momento para escoitar e celebrar a música. Neste caso con un pouco de humor.


Día Europeo da Música

30 abril 2021

O Jazz

Hoxe celébrase o Día Internacional do Jazz.

A data foi creada pola UNESCO e anunciada polo pianista e embaixador de boa vontade da UNESCO, Herbie Hancock.

Foi no 2012 cando se celebrou por primeira vez o Día Internacional do Jazz. A celebración pretende lembrar a importancia deste xénero musical e a súa contribución á promoción de diferentes culturas e pobos ao longo da historia. O jazz está asociado á loita pola liberdade e a abolición da escravitude.

Para promover o Día Internacional do Jazz teñen lugar varios concertos de jazz, promovidos por escolas, grupos e músicos, co obxectivo de introducir á poboación neste xénero musical. O jazz é un estilo musical que apela á creatividade e á improvisación.

Orixe do Jazz

O jazz orixinouse nos Estados Unidos de América, a través da comunidade afroamericana no século XIX, tendo popularidade nas primeiras décadas do século XX. Nova Orleans é recoñecida como a cidade onde naceu o jazz. Crese que a palabra jazz provén do argot americano.

Miles Davis, Chet Baker, Billie Holiday, Ella Fitzgerald, Nina Simone, John Coltrane, Louis Armstrong, Edward Ellington e Dizzy Gillespie son algúns dos grandes nomes do jazz.


22 abril 2021

Día Mundial da Terra II

Lil Dicky é un rapero americano que conseguiu convencer a moitos cantantes famosos para participar nunha canción adicada á Terra e recaudar fondos para protexer o planeta a través da Fundación Leonardo di Caprio.
A páxina web está AQUÍ
Xa que estamos no día mundial, aproveitamos a ocasión para disfrutar deste increible video coa canción "Earth"

18 setembro 2020

Piratas, as aventuras da arte

 Hai algún tempo que na tvg emitían unha serie de debuxos animados sobre a arte a través das aventuras dun pirata e unha princesa fuxida e a entrada era así