Amosando publicacións coa etiqueta #primaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #primaria. Amosar todas as publicacións

23 xuño 2023

O cacho

No solsticio de verán, cómpre recoller as herbas aromáticas coas que axotaremos os espíritos maléficos das nosas casas.
Meterémolas nunha tina con auga e deixarémolas ao orballo pola noite.
Pola mañanciña lavaremos a cara con elas para ter finura na pel e curar os aires lurpios!

Aínda que as plantas varían segundo as zonas, velaquí as máis comúns.

         
                         
                        
                                                 

07 xuño 2023

Día Mundial do Chocolate

Dise que o chocolate foi traido a España por Cristóbal Colón e que foi aquí onde se comezou a botarlle sucre ao cacao co que se puxo de moda en Francia extendéndose por outros paises.
Tamén se celebra o Día Internacional do Chocolate o día 13 de setembro.
Non hai días suficientes para festexar o chocolate :)


Algúns beneficios do chocolate comprobados científicamente son:

        * Aumento da concentración para os estudios ou no traballo
       * Reducción no risco de ter unha doenza cardíaca
       * Alívio do estres
       * Protección da pel contra os raios solares

Actividades que podemos facer neste día:

       * Facer unha tarta e/ou pasteis de chocolate.
       * Debuxar con chocolate
       * Decorar un ovo de chocolate
       * Facer figuriñas
       * Tomar un chocolate con churros

25 maio 2022

Somos magos

Sempre quedamos abraiados cando vemos trucos de maxia. 
Aquí deixamos un video por se a alguén lle interesa practicar

02 febreiro 2022

A Candeloria, día dos namorados en Galicia

Hai un refrán que dí "Pola Candeloria, cásanse os paxariños e maila galiñola".
Nas antigas costumes galegas, ese día, era o día do amor.
O día 2 de febreiro celébrase o día Candeloria que ten orixe nos cultos pagáns e que acabou sendo cristianizado. Era a antiga festa da luz celebrada polos celtas (Brigantia) e tamén polos romanos (Lupercales).
O nome Brigantia deriva de Brighid o Brigid, deusa celta moi poderosa. Era a figura da nova lúa, da primavera anual e das correntes mariñas. Esta época do ano, era das purificacións e do lume sagrado que liberaba a terra, propiciando a fertilidade e o espertar do sol, despois do frío e gris inverno.
Os ritos de predicción e matrimonio celebrábanse nestas datas baixo a protección dos espíritos benéficos que visitaban a terra durante esta festividade.
Considerábase o remate do inverno, o festival de purificación para preparar o camiño para o retorno da primavera e do sol. Brighid era honrada, poñendo unha candea en cada habitación ou en cada fiestra da casa.
Co paso do tempo e a mestura da cultura celta co cristianismo, esta festa do lume será homologada na celebración da Candeloria ou festa das Candeas.
O nome da Candeloria está orixinado pola procesión realizada dentro da igrexa con candeas benditas. Esta purificación virxinal e as candeas eran o antídoto cristián para a fertilidade romana e os fachos “lupercales”.
En Galicia non só era moi celebrada esta festa dentro do relixioso, senón que, no ámbito agrario, se celebraba o “casamento dos paxariños” . Di un refrán que “a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”.

21 marzo 2021

Día Mundial do Monicreque

O Día Mundial do Monicreque ou/e Títere celébrase tal día coma hoxe cada ano.

O seu principal obxectivo é dar a coñecer a figura emblemática do monicreque como parte do desenrolo cultural dos pobos 

O monicreque máis famoso do mundo é a personaxe de Pinocho.

                   

                                                      

Nós, afortunadamente, cada ano temos moi preto o Festival Internacional de Títeres de Redondela que se celebra habitualmente no mes de maio ainda que o ano pasado, co gallo da pandemia, pasouse ao mes de setembro. Este ano non se sabe como e cando se organizará.


ACTIVIDADES QUE PODEMOS FACER

- Fabricar un monicreque como o de arriba ou calquer outro.
- Ver un filme de titeres.
- Facer figuras de sombra na parede coas mans.
- Montar un teatriño, crear unha obra e personaxes e representala.


08 marzo 2021

Dia Internacional da Muller

 Deixamos ligazón por se queredes información sobre o Día Internacional da Muller que se celebra hoxe.


Actividades que podemos facer neste dia, ou noutros, ou/e tódolos días..

- Apadriñar unha nena a través dalgunha organización/asociación

- Colaborar con algunha asociación local que atenda mulleres con necesidades, veciñas..

- Ler e/ou contar historias de mulleres da nosa familia ou mulleres galegas (100 mulleres galegas)

- Axudar na casa facendo tarefas

- Ler algúns contos en referencia a igualdade. Deixamos ligazón á guia AQUI 

- Chamar por teléfono a unha ou varias amigas para saber delas, se están ben.. falar

15 febreiro 2021

Entroido

 Dous libros de Ramón D Veiga  e David Sierra para ler nestes días de filloas, orellas, chulas..

              

       

18 decembro 2020

Picasso e o Apalpador


Este debuxo foi feito por Picasso para un dos seus netos. Pero tamén é o noso Apalpador ou non?

 

20 novembro 2020

Día Nacional do Pixama

O Día Nacional do Pixama celebrase tradicionalmente o 20 de novembro.
Este dia ten unha base lúdica, educativa e solidaria. A data defende o dereito de tóda a cativada a medrar no seo dunha familia, especialmente aos nenos e nenas que, por diferentes razóns, están separadas das suas familias biolóxicas. 
O día do pixama desexa promover o dereito de todos os pequenos a ter unha familia.
Intenta chamar a atención para o problema das nenas/nenos máis desprivilexiadas e aumentar o número de familias de acollemento, de forma que as que están separadas dos seus proxenitores poidan ser acollidas por persoas dispostas a darlles agarimo, amor e educación.
O Día Nacional do Pixama coincide coa celebración do Dia Universal dos Dereitos dos Nenos e Nenas.
Para conmemorar esta data, as rapazas/es hasta os dez anos poden ir vestidos con pixama as escolas e realizar diferentes actividades en pixama ao longo do día ata que voltan á casa.

13 novembro 2020

Día mundial da bondade

A orixe deste día está no ano 1998 cando tivo lugar en Tokio a primeira conferencia do Movemento Mundial pola Bondade (World Kindness Movement).
O obxectivo era crear un mundo máis bondadoso e cheo de solidaridade.

Ideas sinxelas para poñer na práctica este día ( e tódolos demáis)

  • Dar unha aperta a un descoñecido.
  • Ofrecer unha flor a un coñecido.
  • Axudar a alguén.
  • Doar roupa, libros e/ou comida.
  • Compartir o mando a distancia.
  • Decir algo agradable a un veciño.
  • Dar as grazas cando corresponde.
  • Enviar um SMS amable aos amigos.
  • Compartir unha larpeirada no traballo.

11 novembro 2020

Enredando coas castañas


A castaña é un alimento nutritivo de pequeno tamaño e similar á noz ou a un amorodo, pero cuberta por unha tona delgada e resistente de cor castaño. Esta cor varía en función da idade da castaña. Ten tres envolturas distintas. A súa primeira envoltura é o ourizo, rodeado de espiñas e dentro do cal adoitan aparecer as castañas en grupos de tres. Unha vez que o ourizo se abre, cae ao chan e retíranse do seu interior as castañas. Pódense consumir crúas, frescas, ou ben cociñadas (asadas, guisadas ou cocidas) ou preparadas para a conservación. Tamén se pode moer para a obtención de fariña.
As súas flores utilizábanse antigamente para aromatizar o tabaco de pipa. 
É rica en hidratos de carbono e contén pequenas cantidades de graxa e proteína, así como vitaminas A, B e C. É un dos alimentos mais antigos da humanidade. 
Sábese que dende o Paleolítico, os froitos secos, e especialmente as castañas e landras, constituían unha parte importante na dieta do home. En Europa temos constancia da existencia da castaña xá desde a época de Homero pero con mais presenza en tempos dos romanos
Suponse que na relixión celta o castiñeiro era venerado pólos druidas, ao igual que o carballo, pois ambas árbores formaban o bosque prerromano. O nome da castaña procede do grego kastana e do romano castanea. Galícia xunto con Astúrias son as maiores produtoras de castaña da península. 

Na cociña, o mais usual é pelalas e fervelas durante aproximadamente media hora para telas como preparado para outros pratos. Unha das formas mais comuns de consumir as castañas é asadas ao forno ao á brasa. 
 
Dicionario dos tipos de castañas en función da súa forma, sabor ou calidade: 
Bolerca: a que abortou no ourizo e non medrou. Son castañas non comestibles, pequenas e aplanadas só formadas por pel. Barais: duras pero que adoitan ser moi saborosas. Brava: a do castiñeiro bravo, sen enxertar. Bullote: castaña asada no tixolo, unha tixola con buratos. Burgazo: castaña fresca cocida que se toma con leite. Crouco: castaña pequena. Degraída: a castaña que cae madura do ourizo. Tamén se lles chaman degaros. Enxeridas: formadas por varias pezas. Maia: a castaña pilonga e seca. Mamota: cocida coas dúas tonas. É a castaña mal asada que non pela ben. Pilonga: castaña seca. Rañudas: castañas alargadas e claras. Temperás: as que nacen antes que as outras, as temperás. Son pequenas e redondas. Zoncho: a castaña mamota. Termos relacionados coas castañas: Amoxegar: petiscar cos dentes ou marcar cun coitelo as castañas que van a ser asadas para que non estoupen. Amoxetadura: a mordedela en concreto. Barexar: roubar castañas aos veciños para facer o magosto. Caldudas: potaxe de castañas secas cocidas. Moreas: xeito de xuntar os ourizos para golpealos e sacarlle as castañas. Petela: pinzas de madeira coas que se recollen as castañas do ourizo. Picós: anacos de tona (xunto con algunha que outra castaña ou anacos delas) que se lles dá aos porcos na ceba. Rangalleira: expresión que se utiliza para referirse á abundancia do viño durante o dia do magosto: “o viño corre á rangalleira”. Suchar: chuchar unha castaña pilonga ata que se desfai e se consome. Taloura o bareiro: vara longa coa que se zorregan as pólas do castiñeiro para que o ourizo solte a castaña. Tixolo: tixola con buratos na que se asan as castañas. Tonas: cascas das castañas. Xemas: partes da castaña.












Adiviñas Alto me vexo No meu lugarexo Por unha risada, Perdín miña añada. 
 Altos padres Capeludas madres E os fillos inchafoles Adiviña ti se podes. 
 Son verde e non son limón Son carbón, son vermella e non son sangue, Son branca e non son papel Que cousa cousiña son? Unha cousiña cousa, Son moura e non Criada no monte, Enxoita na casa E cómese sen tasa. 
 Alto foi meu nacemento de doncela recollida Cando ia para me rir, Tal foi a queda que dei Que a casa non mais voltei. 
Altetes, altetes con seus carrapetes; Co riso que lle deu, Todo se perdeu.
 
Trucos para a súa preparación: - Para cocelas: despois de pelalas, cóbrense ben con auga ou leite e cócense entre 15 ou 20 minutos sen deixar que fervan. Caso de que as castañas sexan conxeladas é preferible desconxelalas antes. Debemos descartar aquelas que aboien xá que seguramente terán algún verme. 
 Para asalas: é necesario facerlle unha regaña cun coitelo para que non estoupen. Despois, poñémolas no forno ou nunha tixola con buracos durante o tempo suficiente para que a tona superior quede asada. - Para conxelalas: tras realizar o proceso de pelado, cocémolas durante 20 minutos engadíndolle unha presada de sal por litro de auga. Deixamos que arrefríen no propio líquido e gardámolas co xugo en tarros de vidro, procurando que non cheguen a estar cheos de todo para evitar que estoupen ao seren conxeladas. 
  RECEITA 
 Espaguetis con castañas 
  Ingredientes: 400 gr. de espaguetis, 450 gr. de castañas, aceite, sal, pementa, sementes de fiúncho. 
  Método: Quítalle a tona ás castañas e déixaas en auga salgada xunto cunha cullerada de sementes de fiúncho. Cando as castañas estean cocidas bota os espaguetis. Escorre e condimenta con aceite cru e pementa moida. 
 Bó magosto. :))

10 novembro 2020

Día Mundial das landras


Hoxe celébrase o día mundial das landras.

Este dia ten como obxectivo concenciar á poboación sobre a destrucción da vexetación autóctona da que forma parte os carballos. 

A landra é o froito anual do carballo que existe, polo de agora, en Galicia.. A parte superior da landra é o cascabullo e a sua semente é un aquénio.

Sería boa idea programar algunhas actividades educativas nas escolas como sementar en vasos ou campos e seguir o proceso de ver nacer unha árbore e ao mesmo tempo contribuir á repoboación en bosques  queimados.

20 outubro 2020

17 outubro 2020

Samaín III

As cabazas


Careta de cabaza con prato de cartón pintado de laranxa. A da dereita é coa técnica de origami.








As duas cabazas están feitas con tiras de cartolinas. Tamén sirven coma móbiles.






Á esquerda explícase como se recorta unha cabaza dunha forma moi sinxela e na dereita tres cabazas feitas con tea.










Dous manteis de mesa individuais como tema do samaín. O da dereita está feito con pegatinas do samaín e plastificadas.