Amosando publicacións coa etiqueta #DiaMundialdelaPoesia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #DiaMundialdelaPoesia. Amosar todas as publicacións

21 marzo 2022

Día da Poesía


¡Galicia é infinda! 
Nosa Galicia é máis que toda a terra.
 Non é xa o cativo currunchiño
 que din escolas vellas.
 Cómprenos desbotar antigos erros
fillos de mente estreita:
 ¡Galicia é infinda!
 Bela estrada de ensoño,
 con macadam de estrelas,
 a Vía Latea é camiño
 que leva a Compostela,
 hoxe e outrora faro,
 a cibdade ecuménica
 que alumeóu, na Europa,
 trebas da Edade Meia.

(De Florencio Delgado. Letras Galegas 2022)

21 marzo 2021

Día da Poesía

Hoxe celebramos, entroutros, o Dia da Poesía. 

Este día lémbranos a importancia da palabra poética e para espallala. A poesía pertence ao xénero lírico e non hai nada máis lírico que a nosa lingua.

E por iso que o celebramos con un agarimo especial. Vai no noso ADN.

Deixamos a portada dun libro de poemas de Salvador Ribadomar da editorial Nordés libros.

ACTVIDADES QUE PODEMOS FACER NESTE DIA E/OU TÓDOLOS DIAS

  • Escribir un poema sobre o que sintes.
  • Escribir poemas cos amigos.
  • Declamar poesias.
  • Reler os poetas e os poemas preferidos.
  • Poñer música a poemas.
  • Asistir a encontros de poetas.
  • Asistir a filmes sobre poetas.
  • Dicir ás persoas o que sintes por elas.
  • Facer de cada xesto un poema.