Este debuxo foi feito por Picasso para un dos seus netos. Pero tamén é o noso Apalpador ou non?
18 decembro 2020
Picasso e o Apalpador
Etiquetas:
#apalpador,
#infantil,
#nadal,
#primaria
Apalpador
¿Quen é este persoeiro?
Quen vai ser... O Apalpador!!!
Fai anos. Moitos anos.
Moito antes que Santa Claus ou Papá Noel, en Galicia tiñamos e temos de novo, un pastor máxico, grandichón e bondadoso.
Leva pipa, un abrigo verde cheo de remendos, boina e zapatillas con calcetíns de diferente cor.
Vive na devesa das altas montañas do Courel e o Cebreiro. Ó longo do ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres e caza xabaríns.
Na noite de Nadal, baixaba ás aldeas, pobos e cidades para visitar, casa por casa, ós nenos e ás nenas que durmían.
Sen facer ruido apalpáballes as barrigas, sen facerlles cóxegas e despertalos, para saber se os raparigos e raparigas pasaban fame ou estaban ben alimentados.
Decíalles "Así, así esteas todo o ano" e marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.
As meniñas e meniños querían deitarse cedo e en tódalas casas de Galicia pola noitiña, escoitabase o run run:
Voume cedo a durmir,
marcho agora prá camiña
que vai vir o Apalpador
a palparme a barriguiña.
Según me contaron, de fontes fiables, agora o Apalpador ademáis de castañas tamén atende pedidos (xoguetes artesans, contos, obxectos de refugallo..) da crialla e seica con bastante dilixencia.
Así que este ano decidín que o 24 pola noitiña, voulle deixar ó Apalpador enriba da mesa, un bol de leite quentiña con mel e unhas rosquillas por si necesita coller forzas para repartir tódolos encargos ó longo da noite.
Boh! Está ben!
Tamén lle deixo unha notiña pedíndolle por favor (eso sí) unha axenda para o novo ano e anotar tódolos traballos que imos facer o alumnado de 6º e máis eu. ;)
Engadido...
Nas Terras de Trives o Apalpador chamábase o Pandigueiro.
Os nenos tiñan que durmir pedíndolle cun retrouxiño, que lles trouxera "leitiña con purgazos", esto é leite con castañas secas cocidas.
Ademais esperábase do Pandigueiro que deixara tamén figuriñas, xoguetiños, talladas na madeira cocida do amieiro.
Consérvase a tradición de dicirlle os nenos "vou cheirarche a barriga,
pándega ou o bandullo e vou saber o que comiches"
CARTA Ó PANDIGUEIRO
Pandigueiro na noitiña
pandigueiro venme axiña
que compre ben quentiña
uns purgazos na leitiña
Da cabeza grande baixa pandigueiro
ven cás lambetadas para os mais pequenos
Cá coroza ó lombo e as chancas nos pés
corre pandigueiro trainos de comer
Sae da túa cova, achégate a min
e cunha manciña tocarasme ti.
Unha apalpadiña cando esté a durmir
e o meu bandulliño comeza a sorrir
Pasarei a noite soñando contigo
pola mañanciña busco o regaliño
Enriba da mesa ben colocadiño
castañas cocidas en leite fervido
Pandigueiro na noitiña
Pandigueiro venme axiña
Que compre ben quentiña
Uns purgazos na leitiña

01 decembro 2020
20 novembro 2020
Día Nacional do Pixama
O Día Nacional do Pixama celebrase tradicionalmente o 20 de novembro.
Este dia ten unha base lúdica, educativa e solidaria. A data defende o dereito de tóda a cativada a medrar no seo dunha familia, especialmente aos nenos e nenas que, por diferentes razóns, están separadas das suas familias biolóxicas.
O día do pixama desexa promover o dereito de todos os pequenos a ter unha familia.
Intenta chamar a atención para o problema das nenas/nenos máis desprivilexiadas e aumentar o número de familias de acollemento, de forma que as que están separadas dos seus proxenitores poidan ser acollidas por persoas dispostas a darlles agarimo, amor e educación.
O Día Nacional do Pixama coincide coa celebración do Dia Universal dos Dereitos dos Nenos e Nenas.
Para conmemorar esta data, as rapazas/es hasta os dez anos poden ir vestidos con pixama as escolas e realizar diferentes actividades en pixama ao longo do día ata que voltan á casa.
Etiquetas:
#Curiosidades,
#diasacelebrar,
#festas,
#galicia,
#intantil,
#parasaber,
#primaria
13 novembro 2020
Día mundial da bondade
A orixe deste día está no ano 1998 cando tivo lugar en Tokio a primeira conferencia do Movemento Mundial pola Bondade (World Kindness Movement).
O obxectivo era crear un mundo máis bondadoso e cheo de solidaridade.
Ideas sinxelas para poñer na práctica este día ( e tódolos demáis)
O obxectivo era crear un mundo máis bondadoso e cheo de solidaridade.
Ideas sinxelas para poñer na práctica este día ( e tódolos demáis)
- Dar unha aperta a un descoñecido.
- Ofrecer unha flor a un coñecido.
- Axudar a alguén.
- Doar roupa, libros e/ou comida.
- Compartir o mando a distancia.
- Decir algo agradable a un veciño.
- Dar as grazas cando corresponde.
- Enviar um SMS amable aos amigos.
- Compartir unha larpeirada no traballo.
Etiquetas:
#aula,
#Curiosidades,
#galicia,
#infantil,
#parasaber,
#primaria
11 novembro 2020
Enredando coas castañas
A castaña é un alimento nutritivo de pequeno tamaño e similar á noz ou a un amorodo, pero cuberta por unha tona delgada e resistente de cor castaño. Esta cor varía en función da idade da castaña. Ten tres envolturas distintas. A súa primeira envoltura é o ourizo, rodeado de espiñas e dentro do cal adoitan aparecer as castañas en grupos de tres. Unha vez que o ourizo se abre, cae ao chan e retíranse do seu interior as castañas. Pódense consumir crúas, frescas, ou ben cociñadas (asadas, guisadas ou cocidas) ou preparadas para a conservación. Tamén se pode moer para a obtención de fariña.
As súas flores utilizábanse antigamente para aromatizar o tabaco de pipa.
É rica en hidratos de carbono e contén pequenas cantidades de graxa e proteína, así como vitaminas A, B e C.
É un dos alimentos mais antigos da humanidade.
Sábese que dende o Paleolítico, os froitos secos, e especialmente as castañas e landras, constituían unha parte importante na dieta do home.
En Europa temos constancia da existencia da castaña xá desde a época de Homero pero con mais presenza en tempos dos romanos.
Suponse que na relixión celta o castiñeiro era venerado pólos druidas, ao igual que o carballo, pois ambas árbores formaban o bosque prerromano.
O nome da castaña procede do grego kastana e do romano castanea.
Galícia xunto con Astúrias son as maiores produtoras de castaña da península.
Na cociña, o mais usual é pelalas e fervelas durante aproximadamente media hora para telas como preparado para outros pratos. Unha das formas mais comuns de consumir as castañas é asadas ao forno ao á brasa.
Dicionario dos tipos de castañas en función da súa forma, sabor ou calidade:
Bolerca: a que abortou no ourizo e non medrou. Son castañas non comestibles, pequenas e aplanadas só formadas por pel.
Barais: duras pero que adoitan ser moi saborosas.
Brava: a do castiñeiro bravo, sen enxertar.
Bullote: castaña asada no tixolo, unha tixola con buratos.
Burgazo: castaña fresca cocida que se toma con leite.
Crouco: castaña pequena.
Degraída: a castaña que cae madura do ourizo. Tamén se lles chaman degaros.
Enxeridas: formadas por varias pezas.
Maia: a castaña pilonga e seca.
Mamota: cocida coas dúas tonas. É a castaña mal asada que non pela ben.
Pilonga: castaña seca.
Rañudas: castañas alargadas e claras.
Temperás: as que nacen antes que as outras, as temperás. Son pequenas e redondas.
Zoncho: a castaña mamota.
Termos relacionados coas castañas:
Amoxegar: petiscar cos dentes ou marcar cun coitelo as castañas que van a ser asadas para que non estoupen.
Amoxetadura: a mordedela en concreto.
Barexar: roubar castañas aos veciños para facer o magosto.
Caldudas: potaxe de castañas secas cocidas.
Moreas: xeito de xuntar os ourizos para golpealos e sacarlle as castañas.
Petela: pinzas de madeira coas que se recollen as castañas do ourizo.
Picós: anacos de tona (xunto con algunha que outra castaña ou anacos delas) que se lles dá aos porcos na ceba.
Rangalleira: expresión que se utiliza para referirse á abundancia do viño durante o dia do magosto: “o viño corre á rangalleira”.
Suchar: chuchar unha castaña pilonga ata que se desfai e se consome.
Taloura o bareiro: vara longa coa que se zorregan as pólas do castiñeiro para que o ourizo solte a castaña.
Tixolo: tixola con buratos na que se asan as castañas.
Tonas: cascas das castañas.
Xemas: partes da castaña.
Adiviñas
Alto me vexo
No meu lugarexo
Por unha risada,
Perdín miña añada.
Altos padres
Capeludas madres
E os fillos inchafoles
Adiviña ti se podes.
Son verde e non son limón
Son carbón, son vermella e non son sangue,
Son branca e non son papel
Que cousa cousiña son?
Unha cousiña cousa,
Son moura e non
Criada no monte,
Enxoita na casa
E cómese sen tasa.
Alto foi meu nacemento de doncela recollida
Cando ia para me rir,
Tal foi a queda que dei
Que a casa non mais voltei.
Altetes, altetes con seus carrapetes;
Co riso que lle deu,
Todo se perdeu.
Trucos para a súa preparación:
- Para cocelas: despois de pelalas, cóbrense ben con auga ou leite e cócense entre 15 ou 20 minutos sen deixar que fervan. Caso de que as castañas sexan conxeladas é preferible desconxelalas antes. Debemos descartar aquelas que aboien xá que seguramente terán algún verme.
Para asalas: é necesario facerlle unha regaña cun coitelo para que non estoupen. Despois, poñémolas no forno ou nunha tixola con buracos durante o tempo suficiente para que a tona superior quede asada.
- Para conxelalas: tras realizar o proceso de pelado, cocémolas durante 20 minutos engadíndolle unha presada de sal por litro de auga. Deixamos que arrefríen no propio líquido e gardámolas co xugo en tarros de vidro, procurando que non cheguen a estar cheos de todo para evitar que estoupen ao seren conxeladas.
RECEITA
Espaguetis con castañas
Ingredientes:
400 gr. de espaguetis, 450 gr. de castañas, aceite, sal, pementa, sementes de fiúncho.
Método:
Quítalle a tona ás castañas e déixaas en auga salgada xunto cunha cullerada de sementes de fiúncho. Cando as castañas estean cocidas bota os espaguetis. Escorre e condimenta con aceite cru e pementa moida.
Bó magosto. :))
Etiquetas:
#diasacelebrar,
#festas,
#galicia,
#infantil,
#magosto #castañas,
#outono,
#primaria
10 novembro 2020
Día Mundial das landras
Hoxe celébrase o día mundial das landras.
Este dia ten como obxectivo concenciar á poboación sobre a destrucción da vexetación autóctona da que forma parte os carballos.
A landra é o froito anual do carballo que existe, polo de agora, en Galicia.. A parte superior da landra é o cascabullo e a sua semente é un aquénio.
Sería boa idea programar algunhas actividades educativas nas escolas como sementar en vasos ou campos e seguir o proceso de ver nacer unha árbore e ao mesmo tempo contribuir á repoboación en bosques queimados.
01 novembro 2020
23 outubro 2020
20 outubro 2020
17 outubro 2020
Samaín III
As cabazas
Careta de cabaza con prato de cartón pintado de laranxa. A da dereita é coa técnica de origami.
Careta de cabaza con prato de cartón pintado de laranxa. A da dereita é coa técnica de origami.
15 outubro 2020
Samaín II
Hoxe tócalle aos pantasmas..
Os da esquerda son moldes de papel para facer manteigadas e os da dereita fanse con tubos de cartón forrados con papel de cociña. Faise unha boliña de papel con un pau para meter por dentro do tubo e despois forrase con un pano de papel.
O da esquerda é unha boliña de papel forrado con un pano de papel. Os pantasmas da dereita con bolas de papel ou globos con papel gasa por riba.
Este está feito con un prato de cartón ou plástico e tiras de papel. Á dereita diferentes modelos de caras que se poden facer.
Os da esquerda son moldes de papel para facer manteigadas e os da dereita fanse con tubos de cartón forrados con papel de cociña. Faise unha boliña de papel con un pau para meter por dentro do tubo e despois forrase con un pano de papel.
O da esquerda é unha boliña de papel forrado con un pano de papel. Os pantasmas da dereita con bolas de papel ou globos con papel gasa por riba.
Etiquetas:
#diasacelebrar,
#festas,
#galicia,
#infantil,
#pantasmas,
#primaria,
#Samaín
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)