20 agosto 2017

DIA MUNDIAL DO MOSQUITO


20 de agosto, Día Mundial do Mosquito.

É unha data para celebrar que hai 120 anos o doutor británico Sir Ronald Ross, descubriu que as femias de mosquitos Anopheles transmiten a malaria entre os humanos.
Un descobremento que lle valeu o premio Nobel de mediciña e que sentou as bases para que científicos de todo o mundo comprendan e poidan controlar mellor esta enfermidade, responsable da morte de máis de 700.000 persoas cada ano.