11 agosto 2017

DIA DE XOGAR NA AREA


11 de Agosto, día de xogar na area.

Tódolos días poden ser para xogar na area, se se quere, pero hai unha data no ano en especial para iso, hoxe.
A data surxiu nos EE.UU. de América como "Play in the Sand Day" e á que se apuntaron sen dubidar outros países.
Neste día realizanse concursos de construccións de area nas praias do mundo entre outras actividades.
É típico deste día atopar construccións nas praias como castelos de area e/ou bustos de persoas famosas.

Se se quere colaborar coa celebración deste día, podemos
  • Levar a cativada para a praia con pás e baldes de xogar.
  • Construir un castelo de area na praia e colocar á filla/o máis pequeno a gobernar o castelo.
  • Escribir o nome ou/e mensaxes mensaxes na area.
  • Dar unha andaina polo areal.
  • Correr na area.
  • Xogar ao fútbol de praia, voleibol, coas palas.
  • Facer un buraco na area e meter o corpo nel, deixando apenas a cabeza fora.
  • Facer unha cama de area para maior acomodo.
  • Colocar area no xardín para xogar.
É interesante saber que
  • A area está constituída de pedras e conchas que foron degastadas pola natureza pouco a pouco.
  • A area é case puramente cuarzo.
  • As pedras, os seixos e as areas nas praias están alí colocadas polas ondas. (Fonte https://www.calendarr.com/)