08 febreiro 2011

2011 Ano Internacional dos morcegos


O ano 2011-2012 foi declarado Ano Internacional dos morcegos por as Nacións Unidas para o Medio Ambiente (UNEP).
O morcego é un mamífero que por tradición tivo moi mala prensa sen ter en conta a súa axuda para o mantemento dos ecosistemas do planeta.
Estes animais sempre estiveron moi presentes na cultura popular galega.
Para estar mais informados sobre os morcegos en Galicia, podemos ter axuda na web de DROSERA e a web de Morcegos de Galicia con bastantes recursos no apartado de documentación como as imaxes seguintes:

26 xaneiro 2011

30 de xaneiro


                              

20 xaneiro 2011

A Paz



O próximo xoves, 27 as catro da tarde, celebraremos no centro o Día da Paz.
Faremos unha marcha pola paz pola praia da Lanzada con mensaxes relativas ao día e remataremos deixando unha mensaxe feita con area.
Ademáis dos pais, familiares e amigos do alumnado, está invitado todo o mundo que queira asistir e acompañarnos.

12 xaneiro 2011

Estrea


O blog ten traxe de estrea!! Benvido o novo ano!!

ContoPlanet, o lugar onde os contos queren estar...
É unha aplicación de contos infantís para iPhone e iPad, que converte cada historia nunha experiencia emocional, intuitiva e amable.
Seleccionaron unha serie de contos pertecentes á colección Arbore, da Editorial Galaxia.

Todo un mundo de posibilidades tamén para mestres e mestras.. :))

20 novembro 2010

Novembro



"Polo S. Martiño deixa a auga e bebe o viño".
Lembramos algúns refráns do mes de novembro no que observamos que S. Martiño (en xeral todo o santoral) e o gran protagonista.

05 novembro 2010

A mentira


É mentira é o tema do XII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que se celebrará no próximo mes de febreiro.
A mentira é un recurso moi utilizado na literatura, e máis ainda na infantil e xuvenil onde casi todos os contos clásicos e moitos actuais teñen un remate feliz grazas a superar as aventuras e desventuras orixinadas por os enganos que sofren os personaxes.

A responsabilidade


O alumnado de 4º de primaria está a traballar cos seus alumnos e alumnas a responsabilidade.
A responsabilidade sobre os demais polo que cada un levou ao colexio as súas mascotas, e sobre si mesmos empezando pola propia alimentación e coidado do corpo.
Así que hoxe para rematar o proxecto celebráronno cociñando e facendo pizzas.
De entrada poderíamos pensar que non é o máis saudable pero os alimentos son bos ou non, dependendo dos ingredientes, o xeito de mesturalos e cociñalos.
Por alí había aceite de oliva, fariña, lévedo, sal, pementos, tomate, queixos... Mesturaron, amasaron, cociñaron e... comeron.
E estas pizzas eran moi sans... e riquísimas :))

09 outubro 2010

Bolboretas voando dentro de min..


"Milleiros de bolboretas voando dentro de min".. son as derradeiras palabras do conto "Bolboretas" de Xabier P. Docampo que non debería faltar en ningunha biblioteca.
O xogo é un dos principios pedagóxicos que engaiola ás rapazas e rapaces no mundo da aprendizaxe, e iso non debe servir só para os contidos curriculares.
A proba está neste libro onde a través do xogo entramos, de corazón, na aprendizaxe dos sentimentos.



E os sentimentos teñen moitas cores, e formas, e sons, e texturas, e sabores.. e senon podemos comprobalo nalgúns contos:


































06 outubro 2010

Outubro




"En outubro non molesta o lume".
Eso dí un dos refráns que se pode ver na imaxe da esquerda.
No cole, en infantil, as mestras escollen cada mes un dito e fan un cartel que logo aprenden os nenos.
Aproveitamos, nós tamén, para lembralos e a pregunta que nos facemos é (ou son)..
En qué momento deixamos de valorar a sabiduría popular da nosa xente e, en todo caso, por qué e para qué?

04 outubro 2010

Cancións de berce


Unha forma diferente de traballar a interculturalidade
Cancións de berce é un proxecto que recolle vinte cancións de paises distintos.
Os debuxos foron feitos por xente diferente pero, sobretodo, por nenos e nenas.
Cada canción está interpretada na súa lingua orixinaria e o obxectivo é, que cando se escoiten as cancións, ter a sensación de ser arrolado por unha nai agarimosa.
A web está en tres idiomas: ruso (coido), francés e inglés.
Hai un canal en youtube que ten case tódolos videos (marabillosos salvo algunha desafortunada representación) do proxecto. Pódense atopar AQUÍ

Deixo coma mostra o video de Africa