01 maio 2021
30 abril 2021
O Jazz
Hoxe celébrase o Día Internacional do Jazz.
A data foi creada pola UNESCO e anunciada polo pianista e embaixador de boa vontade da UNESCO, Herbie Hancock.
Foi no 2012 cando se celebrou por primeira vez o Día Internacional do Jazz. A celebración pretende lembrar a importancia deste xénero musical e a súa contribución á promoción de diferentes culturas e pobos ao longo da historia. O jazz está asociado á loita pola liberdade e a abolición da escravitude.
Para promover o Día Internacional do Jazz teñen lugar varios concertos de jazz, promovidos por escolas, grupos e músicos, co obxectivo de introducir á poboación neste xénero musical. O jazz é un estilo musical que apela á creatividade e á improvisación.
Orixe do Jazz
O jazz orixinouse nos Estados Unidos de América, a través da comunidade afroamericana no século XIX, tendo popularidade nas primeiras décadas do século XX. Nova Orleans é recoñecida como a cidade onde naceu o jazz. Crese que a palabra jazz provén do argot americano.
Miles Davis, Chet Baker, Billie Holiday, Ella Fitzgerald, Nina Simone, John Coltrane, Louis Armstrong, Edward Ellington e Dizzy Gillespie son algúns dos grandes nomes do jazz.
29 abril 2021
A Danza
23 abril 2021
Día do Libro
22 abril 2021
Día Mundial da Terra II
A páxina web está AQUÍ
Día Mundial da Terra
![]() |
| Sistema solar |
![]() |
| A Terra |
![]() |
| Europa |
![]() |
| España |
![]() |
| Rias Baixas |
![]() |
| Pontevedra |
19 abril 2021
Crebacabezas
15 abril 2021
Día Mundial da Arte
13 abril 2021
Día Internacional do Bico
A pesar de que nestes dias non podemos bicarnos, os bicos sempre teñen que ser unha mostra de agarimo que nos faga sentir ben.
Hai moitas clases de bicos: de dar as grazas, de boas noites, de hasta logo, de ledicia, de inuit, de bolboreta, de quérote moito, de despedida...
Marc Chagall era un pintor que lle regalou un ramo de flores a súa moza polo seu aniversario e sentianse tan ben que decidiu pintar un cadro dese dia.
O título do cadro é "O aniversario" pero é máis coñecido por "O bico" de Marc Chagall.










