Ola!
Hoxe, 21 de novembro celébrase o Día Mundial do "Ola" .
O "ola" é unha palabra moi sinxela que moitas veces marca a diferenza, permitindo o contacto entre persoas descoñecidas e romper o xeo ou silenzo nunha sala.
Este día surxiu en 1973 en resposta á guerra Yom Kippur (guerra árabe-israelita) pola acción de dous profesores universitários norte-americanos (Brian McCormack da Universidade de Arizona e Michael McCormack da Universidade de Harvard). Actualmente é celebrado en máis de 180 países do mundo.
O obxectivo no Dia do Ola é decir “ola” a 10 persoas diferentes, promovendo o contacto entre as persoas e a paz. Con este dia inténtase mostrar aos líderes mundiais que os problemas resólvense pola comunicación e non polo uso da forza. Políticos, líderes relixiosos, gañadores do Nobel da Paz e celebridades son alguns dos maiores promotores deste día.
Se hai tempo que deixaches de falar con alguén, voluntaria ou involuntariamente, podes aproveitar para decirlle, de novo, olá e para retomar o contacto nesta data.
Ningún comentario:
Publicar un comentario