O mércores pasaron polo centro os editores da guía didáctica "Sanxenxo, raíces de mar". Mediante unha presentación explicaron aos nenos unha idea xeral do contido do libro. A exposición foi moi interesante e algúns exemplares xa forman parte da nosa biblioteca.
O próximo día 20 pola mañá faremos no centro a festa do Entroido. O entroido é unha celebración cunha grande tradición en Galiza que non só lembramos polos disfraces senon tamén pola gastronomía característica desta época ou pola música e que non ten nada que envexar ós de Venecia ou Brasil. Como está a celebrarse o Ano Internacional da Astronomía, acordamos entre todos facer o noso particular universo. Así, haberá estrelas, luas, planetas, cometas…
Ós de sexto tocóunos ir de astronautas. Andamos metidos en faena facendo os cascos coa técnica de forrar globos grandes con periódicos e logo pintalos e facerlle un burato para poder ver e tamén buscando toda clase de tubos e complementos para que quede como é debido.
Non pensedes que é un traballo fácil porque no primeiro intento xa explotaron algúns globos e hai que comezar de novo. Eso sí, seremos uns astronautas do máis enxebre. Do país. Unha vez pasada a festa deixaremos fotos para que se poida ver o noso traballo.
Despois de consultar tódalas las ligazóns, lembramos:
De onde ven a palabra "entroido"? Que é un peliqueiro? Lembras a receita dalgunha comida típica do entroido? Que quere decir "astronomía? Por que o ano 2009 é declarado ano internacional da astronomía? Que é un telescopio?
Navegando pola rede, atopei este debuxo de Rosalía que me gustou xa que estou acostumada a vela en branco e negro (excepto na versión Andy Warhol das camisetas do rei zentolo). A mín gústame unha Rosalía de cores porque coido que así sería no século XXI. E gústame Negra Sombra. E cantada. E por Luz Casal. Pero encántame a versión do grupo A Caricia da Serpe coa voz de Lino Braxe. Unha Negra Sombra tamén de cores a ritmo de reggae. Deixo o video para que escoitedes a versión citada.
Despois de consultar tódalas ligazóns, lembramos:
1. Cal é o nome completo da escritora da letra? 2. Cando e onde naceu? 3. Como era o nome do compositor da música. 4. Cando e onde se estreou a peza? 5. Cando se celebra o "Día das Letras Galegas" e por qué?
Este video xa foi visto cerca de corenta millons de veces. Seica é o mellor documental, non profesional, de vida salvaxe. É unha secuencia espectacular con escenario, guión e os mellores protagonistas. Grazas a un grupo de turistas podemos disfrutalo. Pincha e verás :)
Desde a ventá da aula poidemos facer esta foto que, aínda que non se ve moi ben, deunos para falar un rato sobre o fenómeno metereolóxico, o arco da vella.
Topei este refrán: "O arco da vella á travesía, tres semanas de invernía" pero sabemos que hai moitos mais. Temos toda a semana para recoller diferentes refrans sobre o arco da vella ;)
Ya hemos leido la mitad del libro así que toca empezar a comentar. Os dejo una imagen sobre el libro para que reflexioneis y comentemos después en el aula. Tenemos que hacer el dibujo que indica en la hoja. Se agradece creatividad. Lo comentaremos el lunes próximo, día 1.
(Pinchad en la foto para hacerla más grande e imprimirla).
Se pinchades na imaxe poderedes ver as fotos do Samaín e os xogos que fixemos despois para celebralo. (Pode tardar un pouquiño en cargar todas as fotos.)
O venres pasado celebramos no centro o Samaín. Unha das festas do outono e á que lle seguirá o xoves que ven a do Magosto. Ós de terceiro ciclo tocóunos facer o mural da matanza e intentamos reflexar un pouco o que era esta tradición antes e o papel estelar de agora do porco nos contos, no cinema ademáis do que sabemos polo coñecemento do medio. Para que a cousa fose unha chisca interactiva, puxemos uns porquiños en cartolina para que tódolos rapaces do colexio os poidesen recortar.
Como decidimos participar no "V Concurso de Contos Solidarios", creando un conto entre todos, andamos a romper os miolos para facer algo axeitado co tema. Xa fixemos unha posta en común así coas primeiras ideas de cada un. A semana que ven comezaremos a encaixar as pezas. Por ganas e vontade que non sexa porque ese é o noso modo de colaborar coa campaña "Un xoguete, unha ilusión".
Hoxe tivemos a visita no colexio da escritora Alba Nélida Paz Framil. Alba enterouse de que escolléramos o seu libro "Contos e lendas da Lanzada" para traballar neste trimestre e quixo regalarnos algúns exemplares para a biblioteca, tanto en castelán como en galego e firmados por ela.