25 setembro 2020

Dia Mundial dos Soños

Neste Dia Mundial dos Soños, coñecido globalmente como "World Dream Day", foi creado por un instrutor da Universidade de Columbia en 2002 co obxetivo de reflectirnos nos nosos soños e en como acadalos, facendo do mundo un mellor lugar para vivir.
Hoxe, as persoas son animadas a compartir ideas, soños e recursos, formando sinerxias que permiten efectivamente a realización de obxetivos e de soños comuns, contribuindo para a melloria da comunidade mundial.
Unir ás persoas soñadoras e as persoas concretizadoras é a misión do Dia Mundial dos Soños, que poden ser soñados e realizados en conxunto en internet na web oficial do evento.


18 setembro 2020

Piratas, as aventuras da arte

 Hai algún tempo que na tvg emitían unha serie de debuxos animados sobre a arte a través das aventuras dun pirata e unha princesa fuxida e a entrada era así


29 agosto 2020



A uva é a froita da vide.
Dela e, a través de diferentes procesos, acadamos viño, mosto, vinagre...
Pode ser de diferentes cores, verde, amarela, negra, vermella, azul escura, rosada.
Hai diferentes tipos de uvas que orixinan os viños de Galicia como treixadura, godello, mencía, albariño, loureira, caíño...
Dentro de pouco, comezará a súa recollida, máis coñecida como vendima.

13 agosto 2020

DÍA MUNDIAL DAS ZURDAS/OS
                                                                                    
13 de agosto, Día Mundial das zurdas/os.

Foi celebrado por primeira vez o 13 de agosto de 1976 e ainda de ser conmemorado anualmente neste día desde entón, só foi declarado oficialmente polo club británico Left-Handers Day Club na década dos 90.
O obxectivo era protestar contra a discriminación sufrida no mundo e divulgar as ventaxas e desventaxas de ser zurdo.

23 xullo 2020

A nena que abrazaba as árbores

Para celebrar que hoxe é o día do libro (aprazado do 23 de abril), deixo por aqui o título dun libro moi recomendable.

21 xullo 2020

Día Mundial do Can

Hoxe é o día mundial do can.
En Galicia temos o can de palleiro de toda a vida.
Para saber un pouco máis...


01 xullo 2020

Calendario competencial

Hai varios anos que o CRA Mestra Clara Torres de Tui coa colaboración da Deputación de Pontevedra, están a editar un calendario competencial (infantil e primaria) con actividades para cada día do ano.
Deixamos abaixo as ligazóns por se alguén, nalgún momento necesita ideas.
Picar nas imaxes.