01 outubro 2010

Creatividade por riba de todo


Hervé Tullet é un publicista francés que en 1.992 e, co gallo do nacemento do seu fillo, decidiu dedicarse a ilustración e en 1.994 publicou o seu primeiro libro infantil.
Na actualidade ten tres fillos que son a súa inspiración para seguir creando libros para nenos e nenas e onde o único que se necesita e dar liberdade á creatividade.

A súa páxina web é un fondo de recursos para xogar e aprender con pc ou pizarra dixital. Non puiden evitar enredar un pouco nunha das actividades e quedou como vedes aí, á dereita.

24 setembro 2010

Setembro














En setembro, estamos en plena vendima que, na nosa comarca, é falar de albariño.
Hai unha lenda que dí que o albariño foi traido polos monxes de Cluny que chegaron, ao mosteiro de Armenteira, no século XII pero o certo é que a cepa é autóctona de Galicia.
Deixamos dúas fotos.
Unha con refrans do mes de setembro e outra cos nomes en galego das partes da uva.

23 setembro 2010

Para soñar...



Outra adquisición da biblioteca do cole.. "Un gran soño" de Felipe Ugalde e editado por kalandraka e que gañou o II Premio Internacional Compostela de Album Ilustrado 2009.

15 setembro 2010

As escavacións da Lanzada




O equipo de normalización do centro organizou unha saída de primaria e parte de infantil ás escavacións que están a facerse a carón da ermita da Lanzada e moi preto do noso colexio.
Os nenos e nenas poideron observar in situ como traballan os arqueólogos, pezas atopadas e mesmo percurar eles mesmos algúns tesouros de milleiros de anos.





10 setembro 2010

Qué fermoso é vivir


Na nosa comunidade hoxe, un ano máis, están a encherse os colexios cos nenos e nenas. Todo un mundo por aprender, toda unha vida por disfrutar...
Comezamos!!!

                              

E si se trata de comezar ben, que mellor que con esta canción da banda sonora da película "La vita è bella" cantada pola artista israelí Noa e subtitulada en galego.

22 xullo 2010

Ano Internacional dos Bosques



O ano 2011 foi designado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas como "Ano Internacional dos Bosques".
Está ben telo en conta por se interesa para as programacións do próximo curso.
Para sabelo case todo sobre as árbores, podemos consultar e/ou descargar a guía didáctica "OS SEGREDOS DAS ÁRBORES"
E para informarse ben sobre como está a situación temos a proposta didáctica de greenpeace. "Un paseo didáctico polos bosques" que podemos descargar.

Tamén podemos recurrir as películas "O BOSQUE ANIMADO" e "O ESPÍRITO DO BOSQUE"



















E se queredes (e podedes), a compañía de teatro de títeres Falcatrúa, ten en cartel unha obra tamén titulada "O ESPÍRITO DO BOSQUE"













E para rematar, un conto marabilloso da editorial OQO que ten por título "UN SEGREDO DO BOSQUE"


A vaca que puxo un ovo

E comezo por un conto que descubrín pouco antes de rematar o curso "A vaca que puxo un ovo" da editorial Patasdepeixe



O conto tamén ten video en castelán por si o queredes escoitar.. ainda que non hai maior pracer como contálo un mesmo ...

                     

Reciclando

Este blog queda convertido nun pequeno caixarolo de curiosidades que atope na miña labor diaria e que poidan servir para o exercicio da miña profesión.

15 marzo 2009

Sanxenxo, raíces de mar

O mércores pasaron polo centro os editores da guía didáctica "Sanxenxo, raíces de mar".
Mediante unha presentación explicaron aos nenos unha idea xeral do contido do libro.
A exposición foi moi interesante e algúns exemplares xa forman parte da nosa biblioteca.

09 febreiro 2009

Mesturando

O próximo día 20 pola mañá faremos no centro a festa do Entroido.
O entroido é unha celebración cunha grande tradición en Galiza que non só lembramos polos disfraces senon tamén pola gastronomía característica desta época ou pola música e que non ten nada que envexar ós de Venecia ou Brasil.
Como está a celebrarse o Ano Internacional da Astronomía, acordamos entre todos facer o noso particular universo.
Así, haberá estrelas, luas, planetas, cometas…

                  

Ós de sexto tocóunos ir de astronautas.
Andamos metidos en faena facendo os cascos coa técnica de forrar globos grandes con periódicos e logo pintalos e facerlle un burato para poder ver e tamén buscando toda clase de tubos e complementos para que quede como é debido.












Non pensedes que é un traballo fácil porque no primeiro intento xa explotaron algúns globos e hai que comezar de novo.
Eso sí, seremos uns astronautas do máis enxebre. Do país.
Unha vez pasada a festa deixaremos fotos para que se poida ver o noso traballo.

Despois de consultar tódalas las ligazóns, lembramos:

De onde ven a palabra "entroido"?
Que é un peliqueiro?
Lembras a receita dalgunha comida típica do entroido?
Que quere decir "astronomía?
Por que o ano 2009 é declarado ano internacional da astronomía?
Que é un telescopio?