No solsticio de verán, cómpre recoller as herbas aromáticas coas que axotaremos os espíritos maléficos das nosas casas. Meterémolas nunha tina con auga e deixarémolas ao orballo pola noite.
Pola mañanciña lavaremos a cara con elas para ter finura na pel e curar os aires lurpios!
Aínda que as plantas varían segundo as zonas, velaquí as máis comúns.
Dise que o chocolate foi traido a España por Cristóbal Colón e que foi aquí onde se comezou a botarlle sucre ao cacao co que se puxo de moda en Francia extendéndose por outros paises. Tamén se celebra o Día Internacional do Chocolate o día 13 de setembro. Non hai días suficientes para festexar o chocolate :) Algúns beneficios do chocolate comprobados científicamente son: * Aumento da concentración para os estudios ou no traballo * Reducción no risco de ter unha doenza cardíaca * Alívio do estres * Protección da pel contra os raios solares Actividades que podemos facer neste día: * Facer unha tarta e/ou pasteis de chocolate. * Debuxar con chocolate * Decorar un ovo de chocolate * Facer figuriñas * Tomar un chocolate con churros