Ano Internacional dos Afrodescendentes
2011 Ano I. dos Afrodescendentes para o coñecemento e respeto da súa herdanza e a súa cultura
Letras Galegas 2012
Valentín Paz Andrade será homenaxeado o día das Letras Galegas 2012
Ano Internacional dos Bosques
O ano 2011 está adicado a celebrar o Ano Internacional dos Bosques
Outra celebración máis para o ano 2011, o Ano Internacional da Química

A Lanzada

A Lanzada

A Lanzada

A Lanzada
A Lanzada

O inverno


texto alternativo
O día 21 de decembro comezou o inverno, tempo de las, turróns, familia, amigos, lecer...

Os cogomelos

texto alternativo

Este ano, no centro, dedicamos o outono aos cogomelos e as súas características...

As buxainas

texto alternativo

Este ano o concurso de peons promovido polo concello, celébrase no noso centro.

Calendario Escolar 2011-2012

texto alternativo
Este é o calendario que está vixente este curso 2011-2012. Pódese ver en detalle na seguinte ligazón

A Candeloria, día dos namorados en Galicia

28.1.12 Reporter: c.n.
Hai un refrán que dí "Pola Candeloria, cásanse os paxariños e maila galiñola".
Nas antigas costumes galegas, ese día, era o día do amor.
O día 2 de febreiro celébrase o día Candeloria que ten orixe nos cultos pagáns e que acabou sendo cristianizado. Era a antiga festa da luz celebrada polos celtas (Brigantia) e tamén polos romanos (Lupercales).
O nome Brigantia deriva de Brighid o Brigid, deusa celta moi poderosa. Era a figura da nova lúa, da primavera anual e das correntes mariñas. Esta época do ano, era das purificacións e do lume sagrado que liberaba a terra, propiciando a fertilidade e o espertar do sol, despois do frío e gris inverno.
Os ritos de predicción e matrimonio celebrábanse nestas datas baixo a protección dos espíritos benéficos que visitaban a terra durante esta festividade.
Considerábase o remate do inverno, o festival de purificación para preparar o camiño para o retorno da primavera e do sol. Brighid era honrada, poñendo unha candea en cada habitación ou en cada fiestra da casa.
Co paso do tempo e a mestura da cultura celta co cristianismo, esta festa do lume será homologada na celebración da Candeloria ou festa das Candeas.
O nome da Candeloria está orixinado pola procesión realizada dentro da igrexa con candeas benditas. Esta purificación virxinal e as candeas eran o antídoto cristián para a fertilidade romana e os fachos “lupercales”.
En Galicia non só era moi celebrada esta festa dentro do relixioso, senón que, no ámbito agrario, se celebraba o “casamento dos paxariños” . Di un refrán que “a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”.

Read more...

Quen era Isaac Díaz Pardo?

8.1.12 Reporter: c.n.

Coñezamos un pouco mellor a Isaac Díaz Pardo a través de dous documentais.
(A foto é propiedade de Aduaneiros sen fronteiras)




(Preme na imaxe)


Read more...

Padriños e madriñas de lectura

31.12.11 Reporter: c.n.
Por segundo ano consecutivo, o alumnado de 5º e 6º de primaria, a través do departamento de dinamización, fixemos o apadriñamento de lectura cos nenos e nenas de infantil.
Cada mércores no recreo, encárganse de ler un conto aos seus afillados e afilladas.
Deixamos unhas fotos do primeiro día deste curso.


Read more...

Os cogomelos

13.11.11 Reporter: c.n.
Estamos na estación dos cogomelos e aproveitamos para saber máis cousas sobre eles.

Deixamos un video que explica moi ben os cogomelos en Galicia...

              

Read more...

Máis bruxas

1.11.11 Reporter: c.n.
Aproveitando as datas e o Samaín, os alumnos de 4º, co profe Abraham, debuxaron estas bruxas













Read more...

O manual das bruxas

1.11.11 Reporter: c.n.
A cousa vai de meigas..

Este ano, grazas a un alumno, poidemos disfrutar de novo deste conto, indicado para infantil e primaria e editado no ano 1985 por edicións Xerais e que esperamos se revise e se volva a editar..
O indice xa nos orienta un pouco de que vai o conto e o talante:

- Como elixir casa e mobiliario
- A cociña da bruxa
- O xardín da bruxa
- Para decir a boa ventura e o zodiaco
- Como botar conxuros
- Contos de vellas
- Como conservarse fermosa
- Moda para bruxas elegantes
- Artes e enredos
- Sobre festas e festexos
- A bruxa moderna

O seu autor Malcolm Bird, ilustrador e escritor

É unha xoia!!!

Read more...