22 novembro 2017

Día de "dar unha volta"

E hoxe é o Dia de Dar unha Volta, 22 de novembro.
Pois sí. Este día existe. 
É un dia adicado simplemente a sair da casa e dar unha volta. E tanto da que sexa en auto, moto, bicicleta ou mesmo a pé, con ou sen destino específico. 
O objectivo do día é unha lembranza á mobilidade das persoas e ao sentimento de liberdade.
Con todo o estrés no traballo, con toda a tecnoloxía a escravizar o home e con tódalas responsabilidades que caen no colo de unha persoa tódolos días, o Día de Dar unha Volta (Go For a Ride Day) é unha reivindicación á liberación e ao movimento. Traballar todo o día sentado e non facer exercício físico constituen perigos para a saúde da persoa. Sair de casa é unha forma de clarear a cabeza e de renovar as enerxías.
O día 22 de novembro foi escollido para esta conmemoración por térse feito progresos relevantes para a mobilidade nesta data ao longo da historia, como a patente do motor eléctrico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario