10 febreiro 2011

Xornadas de xadrez


Hoxe no centro estivemos a xogar ao xadrez.
O profe Hector de Escola de Xadrez Pontevedra estivo a explicarnos en que consiste o xadrez e a coñecer as normas básicas para poder xogar.
Esta xornada completarase, o próximo xoves, coa proxección da película En busca de Bobby Fisher e, ao seguinte, con outra xornada de práctica do xogo.
Nesta actividade está a intervir todo o alumnado do centro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario