05 novembro 2010

A responsabilidade


A profe Ana Elisa de 4º de primaria está a traballar cos seus alumnos e alumnas a responsabilidade.
A responsabilidade sobre os demais polo que cada un levou ao colexio as súas mascotas, e sobre si mesmos empezando pola propia alimentación e coidado do corpo.
Así que hoxe para rematar o proxecto celebráronno cociñando e facendo pizzas.
De entrada poderíamos pensar que non é o máis saudable pero os alimentos son bos ou non, dependendo dos ingredientes, o xeito de mesturalos e cociñalos.
Por alí había aceite de oliva, fariña, lévedo, sal, pementos, tomate, queixos... Mesturaron, amasaron, cociñaron e... comeron.
E estas pizzas eran moi sans... e riquísimas :))

Ningún comentario:

Publicar un comentario