09 outubro 2010

Bolboretas voando dentro de min..


"Milleiros de bolboretas voando dentro de min".. son as derradeiras palabras do conto "Bolboretas" de Xabier P. Docampo que non debería faltar en ningunha biblioteca.
O xogo é un dos principios pedagóxicos que engaiola ás rapazas e rapaces no mundo da aprendizaxe, e iso non debe servir só para os contidos curriculares.
A proba está neste libro onde a través do xogo entramos, de corazón, na aprendizaxe dos sentimentos.



E os sentimentos teñen moitas cores, e formas, e sons, e texturas, e sabores.. e senon podemos comprobalo nalgúns contos:


































06 outubro 2010

Outubro




"En outubro non molesta o lume".
Eso dí un dos refráns que se pode ver na imaxe da esquerda.
No cole, en infantil, as mestras escollen cada mes un dito e fan un cartel que logo aprenden os nenos.
Aproveitamos, nós tamén, para lembralos e a pregunta que nos facemos é (ou son)..
En qué momento deixamos de valorar a sabiduría popular da nosa xente e, en todo caso, por qué e para qué?

04 outubro 2010

Cancións de berce


Unha forma diferente de traballar a interculturalidade
Cancións de berce é un proxecto que recolle vinte cancións de paises distintos.
Os debuxos foron feitos por xente diferente pero, sobretodo, por nenos e nenas.
Cada canción está interpretada na súa lingua orixinaria e o obxectivo é, que cando se escoiten as cancións, ter a sensación de ser arrolado por unha nai agarimosa.
A web está en tres idiomas: ruso (coido), francés e inglés.
Hai un canal en youtube que ten case tódolos videos (marabillosos salvo algunha desafortunada representación) do proxecto. Pódense atopar AQUÍ

Deixo coma mostra o video de Africa

                                   

01 outubro 2010

Creatividade por riba de todo


Hervé Tullet é un publicista francés que en 1.992 e, co gallo do nacemento do seu fillo, decidiu dedicarse a ilustración e en 1.994 publicou o seu primeiro libro infantil.
Na actualidade ten tres fillos que son a súa inspiración para seguir creando libros para nenos e nenas e onde o único que se necesita e dar liberdade á creatividade.

A súa páxina web é un fondo de recursos para xogar e aprender con pc ou pizarra dixital. Non puiden evitar enredar un pouco nunha das actividades e quedou como vedes aí, á dereita.