14 febreiro 2009

Solidariedade

Solidarizándonos, o xoves 12, lembramos o día Internacional dos Nenos Soldados.
O centro, tódolos los anos colabora coa O.N.G. "Save the Children" e pola tarde organizamos e participamos na carreira solidaria.
Consiste en levar á casa un carnet onde se anotan tódalas persoas que queren aportar e poñendo, voluntariamente, prezo a cada volta que dará o neno do colexio na carreira organizada.
Coa asistencia de pais e nais e un tempo que tamén quixo axudar cun ceo azul, azul, corremos todos/as dende infantil ata sexto de primaria.
Ao final pasaron todos/as pola mesa dos árbitros para anotar as suas voltas e levar o carnet a casa para que cada quen abone o importe que anotou.
Un xeito divertido e san de contribuir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario