03 febreiro 2009

A biblioteca

No pasado trimestre comezamos a montar unha pequena biblioteca na aula.
Destinamos un recuncho no que ademais dos libros que pedimos á biblioteca do colexio, xuntamos tamén algúns que mercamos.
Puxemos alguns xogos, unha mesa e duas cadeiras para poder ler e as alumnas e alumnos fixeron variados carteis para a animación á lectura.
Hoxe visitamos a biblioteca municipal de Portonovo.
Estaban a esperar por nós e pasamos un rato aprendendo como funciona, practicando na procura de libros e por último contaron un conto.
Unha mañá moi aproveitada.








Ningún comentario:

Publicar un comentario