24 outubro 2008

Un xoguete, unha ilusión

Como decidimos participar no "V Concurso de Contos Solidarios", creando un conto entre todos, andamos a romper os miolos para facer algo axeitado co tema.
Xa fixemos unha posta en común así coas primeiras ideas de cada un. A semana que ven comezaremos a encaixar as pezas. Por ganas e vontade que non sexa porque ese é o noso modo de colaborar coa campaña "Un xoguete, unha ilusión".

                                             

23 outubro 2008

Visita



Hoxe tivemos a visita no colexio da escritora Alba Nélida Paz Framil.
Alba enterouse de que escolléramos o seu libro "Contos e lendas da Lanzada" para traballar neste trimestre e quixo regalarnos algúns exemplares para a biblioteca, tanto en castelán como en galego e firmados por ela.

22 outubro 2008

Salón do libro




O X Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra acaba de colgar na súa web unha relación da bibliografía referente as historias de amor e que será ó tema do ano 2009 no mes de febreiro.

12 outubro 2008

Benvida

Benvidos a este blog que terá como protagonistas ao diferente alumnado que terei ao longo da miña tarefa educativa, celebracións e curiosidades diversas.